Continuamos coas actividades organizadas pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos neste mes de marzo de pandemia do 2021, e agora tócalle o turno á maxia e para iso teremos con nós o espectáculo "A HORA MÁXICA" co que queremos conmemorar o DÍA MUNDIAL DEL TEATRO.
O Día Mundial Do Teatro foi creado polo ITI (Instituto Internacional do Teatro) e celebrouse por primeira vez o 27 de marzo de 1962, data da apertura da tempada do "Teatro das Nacións" en París. Desde entón, cada ano nesta data, o World Theatre Day (Día Mundial do Teatro) celébrase a escala mundial. "A HORA MÁXICA" é un espectáculo de maxia online a través da plataforma Zoom na que magos de diversos puntos da xeografía española farán as delicias dos nenos e nenas cos seus xogos de maxia. Deste xeito promovemos a cultura e os asistentes poderán gozar e participar dun show en vivo e en directo sen saír das súas casas, aulas, etc., cumprindo uns requisitos que caracterizan a este espectáculo: divertido, participativo, máxico, ilusionante e, sobre todo, seguro. Haberá 3 sesións dunha duración aproximada cada unha delas de 60 minutos e terán lugar os seguintes días:
Un espectáculo adaptado a unha nova normalidade, a un novo espazo, pero que segue sendo divertido e participativo tanto para os que o crean como para os que o gozan. "A HORA MÁXICA" pretende ser un espazo lúdico onde os nenos e nenas poidan ter unha actividade diferente nesta nova situación que estamos a vivir. Unha canle de televisión interactiva e moderna na que as persoas que elixan ver este "programa" seguro que repetirán, xa que eles serán os protagonistas. Un espectáculo seguro, divertido, participativo, máxico e sorprendente. PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!! ESPERÁMOSTE!!! Archivos adjuntos: |
Cultura e Ocio 12-Marzo-2021 14:00
|