Pazos de Borbén Informa
Para conmemorar o Día das Letras Galegas, este ano adicado á poeta XELA ARIAS, teremos un espectáculo de contacontos coa presenza outra vez de FELIPE DÍAZ (CAXOTO Contacontos) de A TRASTENDA DOS CONTOS que nesta ocasión nos traerá a súa proposta arredor das Letras Galegas "CARTEIRO EN BICICLETA".

Ao son da cantiga "Carteiro en Bicicleta" de João Afonso iniciamos unha viaxe de vagar pola historia das nosas letras. Faremos unha achega a algunhas das personalidades máis importantes e interesantes da literatura galega nunha viaxe a través das persoas homenaxeadas co Día das Letras Galegas.


Un percorrido xeográfico polo nome das Rúas que vertebran as nosas cidades e pobos. Desta maneira saberemos dos nomes que poboa o noso rueiro: Castelao, Rosalía, Cunqueiro, Manuel María, Carlos Casares, María Victoria Moreno... e como non, a propia Xela Arias.

Unha proposta que recolle recital, música en directo, teatro, conto fantástico, relato de misterio, poesía, discurso etnográfico... todo tecido co fío da narración oral e da palabra dialogada.

Esta actividade terá lugar o Mércores día 19 de Maio ás 13:00 horas no Auditorio do Concello e está prevista a asistencia aá mesma dos mestres e alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

PARTICIPA DAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSTE!!!


Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 03-Mayo-2021 08:10