En cumprimento da Lei 7/2012 de Montes de Galicia, e conforme ao indicado na súa disposición final primeira, pola que se modifica a
Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, comunico as instalacións sobre as cales UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDAD S.A. pretende levar a cabo actuacións de xestión de biomasa neste Concello. Nas liñas de distribución de enerxía eléctrica debera xestionarse nunha franxa de 6 metros dende a proxección dos condutores eléctricos mais externos, considerando a súa desviación máxima producida polo vento segundo normativa sectorial vixente. Ademais en dita franxa non poderá haber árbores das especies indicadas na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007. Únense os planos correspondentes ao trazado das liñas onde se van a realizar as labores de xestión de biomasa a efectos de que os propietarios dos terreos, sí é do seu interese, podan executa-las labores previamente. Si transcorridos 15 días dende este publicación os propietarios non efectuaron as labores de xestión de biomasa indicadas, UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDAD SA procederá á súa realización. Para máis información pode contactar coas oficinas municipais Archivos adjuntos: |
Info Xeral 03-Mayo-2021 11:42
|