Pazos de Borbén Informa
Ola de novo veciños e veciñas de Pazos de Borbén; seguidoras/es, usuarias/os e socias/os da Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS".

Volvemos a retomar as actividades de animación á lectura despois do período vacacional cunha serie de actividades para público infantil e mozo coas que queremos contribuír a animar un pouco esta época de pandemia que non da rematado.

O noso obxectivo é seguir promocionando a educación e a cultura, pero sobre todo, animar á lectura a nenos/as, mozos/as e adultos de todas as idades xa que ésta é un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal que debemos aproveitar toda vez que é un servizo gratuito prestado polo concello.

BIBLIOPAZOS segue ofrecendo espazos de encontro para descubrir, compartir e achegar á cidadanía á lectura e á información dun xeito divertido e ameno.

As próximas actividades que presentamos para os vindeiras semanas atópanse incluídas no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

As actividades as realizaremos no AUDITORIO DO CONCELLO, debido a obriga que temos de gardar os protocolos para cumprir con todas as medidas de seguridade para a prevención do COVID-19, sendo obrigatorio ao acceder ao recindo o uso de máscara, a desinfección das mans e o mantemento da distancia social para aqueles grupos non considerados "grupos burbulla" ou non convivintes.

IMPORTANTE:

PARA ASISTIR A ESTAS ACTIVIDADES É OBRIGATORIA A INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA CHAMANDO AO TELÉFONO 986 497 273.

LER CONTA MOITO ten como obxectivo xeral animar á lectura a través dunha programación de actividades atractivas, vinculadas aos intereses dos distintos colectivos, que faciliten o achegamento aos espazos bibliotecarios. Con este programa preténdese:
  • Fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación.
  • Fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais.
  • Consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade.
  • Promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo.
  • Valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.
PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

E NON VOS ESQUEZADES!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.



Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 13-Septiembre-2021 12:21