Pazos de Borbén Informa
Ola de novo amigos, amigas, veciños e veciñas, seguidores/as, usuarios/as e socios/as de BIBLIOPAZOS.

Continuamos coa programación de dinamización da lectura; e a segunda actividade terá lugar o Venres 24 de setembro tamén ás 12:30 horas e neste caso visitarános AL GUANELLA co seu  espectáculo "CONVERSAS CON TANA", un espectáculo teatral baseado na ventriloquía once un granxeiro e a súa cadeliña Tana, manteñen unha fluída e divertida conversa acerca de diversas cuestións caninas e humanas, no que se combinan o humor, ensinanza e sensibilidade. O show consta tamén de divertidas cancións.

Para este evento están convidados os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos que de seguro pasarán estupendamente neste formidable espectáculo de AL GUANELLA.

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

E NON VOS ESQUEZADES!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.


Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 20-Septiembre-2021 08:40