Pazos de Borbén Informa
Ola de novo xa estamos por aquí outra vez dando a lata e informándovos das actividades de animación á lectura da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".

Continuamos coas actividades o Xoves 30 de setembro ás 12:30 horas co espectáculo 
"FILIPA COS CONTOS" de FRAN CAMPOS "BANDULLO AZUL" que nos traerá unha "FILIPANTE" e RENOVADA sesión de contos para toda a familia: historias tradicionais, contos populares, contos de autoras e autores galegos, contos inventados, cancións e música en directo, humor... e moita participación do público.

Filipa e Fran agárdanvos. Vai ser "flipante"!

Este día están convidados os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos que, de seguro, pasarán unha mañá formidable con este espectáculo.

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

E NON VOS ESQUEZADES!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.


Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 26-Septiembre-2021 08:40