Pazos de Borbén Informa

Concello de Pazos de Borbén, a través da Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS", convoca o III CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN co obxectivo de fomentar a creatividade entre os escolares do municipio, potenciar a expresión e a comprensión escrita, estimular o uso da lingua galega, fomentar a escrita na nosa lingua entre os mais mozos -particularmente no ámbito da narrativa/relato breve- e facilitarlles unha motivación para facelo como é a de participar neste certame literario.

Poderán participar todos os alumnos e alumnas residentes no Concello de Pazos de Borbén que estiveran ou estean cursando estudos de Educación Primaria e/ou Secundaria nos colexios públicos do municipio durante os cursos 2020/2021 e/ou 2021/2022, e que presenten os orixinais en lingua galega.

prazo para presentar os relatos será entre os días 1 de outubro e o 15 de novembro, ambolos dous inclusive.

Os participantes poderán presentar un único relato -escrito en lingua galega- dentro do prazo sinalado nas bases do certame e que deberán entregar na Biblioteca Pública Municipal no seguinte enderezo:
Concello de Pazos de Borbén
Biblioteca Pública Municipal
Rúa Pazos nº 1
36841 Pazos de Borbén (Pontevedra)
Haberá como nas anteriores edicións 5 categorías:
  • Categoría A: 1º e 2º de Primaria
  • Categoría B: 3º e 4º de Primaria
  • Categoría C: 5º e 6º de Primaria
  • Categoría D: 1º e 2º de ESO
  • Categoría E: 3º e 4º de ESO
dous premios por categoría:
1º Premio: 1 libro electrónico 1 lote de libros.
2º Premio: 1 Lote de libros
Ademáis o xurado poderá conceder mencións a aqueles traballos que considere que reúnen calidade para elo.

Desde a Biblioteca animamos a todo o profesorado do centro, aos pais, nais e demáis familiares dos alumnos para que os estimulen a escribir e a participar nesta nova edición do certame na que esperamos superar a participación das edicións anteriores; e co obxectivo de fomentar unha maior participación este ano, todos os que presenten un relato serán obsequiados cun libro soamente por participar.

Podedes descargar as BASES, a FICHA DE INSCRICIÓN e o DÍPTICO INFORMATIVO no seguinte enlace na noticia publicada no Blog da biblioteca:

https://bibliopazos.blogspot.com/2021/09/iii-certame-de-relato-curto-de-pazos-de.html

Para máis información podedes dirixirvos á Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 no horario habitual de apertura ou a través do correo electrónico: biblioteca@pazosdeborben.org.

Toda a información sobre o desenrolo do Certame irá publicandose neste Blog e nas redes sociais da biblioteca (Facebook e Twitter).

Este III CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN enmarcase no programa de "obradoiros e certame de creación literario" do proxecto de actividades de dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que patrocina a Deputación Provincial de Pontevedra.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!
E NON VOS ESQUEZADES DE QUE EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.


Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 24-Septiembre-2021 10:06