Pazos de Borbén Informa
Xa está aquí o músico PAKOLAS, Paco Cerdeira co seu espectáculo musical de dinamización lingüística "ENREDANDO CON PAKOLAS".

Esta tarde do Sábado 12 de maio no Auditorio do Concello a partir das 18:00 horas.

Para todos os cativos de 4 a 9 anos e ás súas familias; un concerto no que os protagonistas serán os nenos e nenas, aos que se convida a participar cantando, bailando e falando.

"Cancións para rockear, para soñar, para non parar de mover o esqueleto e tamén sobre todo, para aprender" cantando e contando algunhas das historias fantásticas na que os animais serán os protagonistas.

Un espectáculo musical, con historias das que APRENDER e GOZAR, a ritmo moi rockeiro e guitarreiro para compartir cos mais peques e coa familia.

Estades todos CONVIDADOS.

ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO.

ESPERÁMOSVOS!!!

VIR A ROCKANDROLLEAR AO AUDITORIO!!!


Archivo adjunto: http://www.bandomovil.com/archivos/pazosdeborben/200418022359_06_2018-05-12_Enredando_con_Pakolas_con_logos_Pazos1.jpg