O Concello de Pazos de Borbén implementou un punto limpo móbil, co fin de favorecer a recollida axeitada dos residuos, a súa clasificación e preparación para a reutilización, evitando a aparición de vertedoiros incontrolados e ilegais, tan danosos para o medio ambiente.
Esta actuación está subvencionada ao 100% ao abeiro da ORDE do 1 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2021 (código de procedemento MT975I), DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021. Os obxectivos, contido e plan de actuación do proxecto é reforzar esas debilidades do sistema actual e facilitarlle aínda máis á poboación a reciclaxe dos residuos e en concreto:
Entre os beneficios ambientais derivados dos obxectivos anteriormente citados, cabe salientar que se evita o vertido de pilas, aceites e outros residuos perigosos, cuxos materiais provocan unha contaminación do medio e de cursos de auga se non se recollen de maneira controlada, e segundo a situación do Concello de Pazos de Borbén, conta con gran cantidade de ríos : Río Borbén, Río Louro, Río Barragán o cal conta con unha inportante senda de 17 km, Río Pequeno e o Río Alvedosa. Con elo paliaríamos a posible contaminación destas masas de auga. Ademais evitaríanse os vertidos incontrolados, por exemplo no monte, que supoñen unha importante perda de recursos paisaxísticos. Adquiriuse un punto limpo móbil para pequenos residuos, que se vai a colocar en diferentes sitios do concello, segundo un calendario preestablecido ou da demanda que poida existir nun momento dado, para que a xente saiba que pode acudir a depositar esas pequenas cousas polas que non lles compensaría desprazarse ata outros puntos limpos situados fora do noso concello. Este punto limpo móbil tería diferentes compartimentos:
O calendario é o que se indica na imaxe que podes descargar facenco clic AQUÍ. Máis información na web do concello: https://pazosdeborben.gal/ Archivos adjuntos: |
Info Xeral 08-Febrero-2022 15:40
|