Pazos de Borbén Informa
Como en anos anteriores desde a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén – BiblioPazos iniciamos a programación cultural-educativa de animación á lectura cunha actividade que terá lugar o próximo Venres día 18 de febreiro coa que queremos conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA.

Esta conmemoración celébrase desde que a ONU (ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS) na súa Asemblea Xeral o 22 de decembro de 2015 decidiu proclamar o 11 de febreiro de cada ano DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA co obxectivo principal de lograr unha maior participación e inclusión das mulleres e as nenas no mundo da ciencia e a tecnoloxía e desta maneira romper coa brecha de xénero.

Tamén convidou a todos aos Estados Membros, organizacións e órganos do sistema das Nacións Unidas, a outras organizacións internacionais e rexionais, ao sector privado e ao mundo académico, así como á sociedade civil, incluídas as organizacións non gobernamentais e os particulares, a celebrar este día a través de actividades de educación e sensibilización pública a fin de promover a participación plena e en condicións de igualdade das mulleres e as nenas na educación, a capacitación, o emprego e os procesos de adopción de decisións na ciencia, eliminar toda forma de discriminación contra a muller, mesmo nas esferas da educación e o emprego, e sortear as barreiras xurídicas, económicas, sociais e culturais respecto diso mediante, entre outras cousas, a promoción do establecemento de políticas e plans de estudo no campo da ciencia, incluídos programas escolares, segundo corresponda, para alentar unha maior participación das mulleres e as nenas, promover as perspectivas de carreira das mulleres na ciencia e recoñecer os logros das mulleres na ciencia.

Como dixemos ao principio desta noticia para conmemorar este importantísimo día realizaremos unha actividade que será impartida por Uxía Tenreiro López Marcia Ares do CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO DO INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (IEO, CSIC).

“OCEANOTECA” é un obradoiro no que os participantes mediante xogos, contos e manualidades poderán aproximarse ao océano e aos animais que viven nel e que se desenrolará da seguinte forma:

En primeiro lugar haberá presentación e información xeral sobre o CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO empregando imaxes do libro “OS BOLECHAS. O CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO” que pode descargarse en formato PDF no seguinte enlace:

http://www.ieo.es/es_ES/web/vigo/libro-os-bolechas

Seguidamente representarese o conto “A camiseta do capitán”, que permitirá, de xeito lúdico, introducir os alumnos nas campañas de investigación que leva a cabo o Instituto Español de Oceanografía. Finalizado o conto os participantes realizarán a través da papiroflexia do buque oceanográfico Ángeles Alvariño.

Presentaráse de forma breve "OCEÁNICAS", un proxecto do INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (IEO, CSIC) en colaboración coa FUNDACIÓN ESPAÑOLA PARA A CIENCIA E A TECNOLOXÍA (FECYT) do MINISTERIO DE CIENCIA E INNOVACIÓN, que enmarca en 2022 as actividades lo 11F; e daremos por rematada a actividade coa representación do conto “O peixe Arcodavella”.

Participarán os escolares de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os da Escola de Educación Infantil “A Galeriña” de Nespereira e realizarase en tres sesións:
  • De 09:45 a 10:45 horas no Auditorio do Concello asistirá o alumnado de Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
  • De 11:00 a 12:00 horas tamén no Auditorio do Concello asistirá o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
  • De 12:45 a 13:45 horas na EEI “A Galeriña” de Nespereira asistirá o alumnado desta escola infantil.
Desde a Biblioteca Pública Municipal e desde o Concello de Pazos de Borbén queremos agraceder a disposición e facilidades outorgadas polo personal do CENTRO OCEANOGRÁFICO DE VIGO DO INSTITUTO ESPAÑOL DE OCEANOGRAFÍA (IEO, CSIC) para que este evento se puidera levar a cabo.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA


Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 13-Febrero-2022 08:05