Pazos de Borbén Informa
Continuamos coas actividades da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BiblioPazos) conmemorando o 185 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO que se celebra o día 23 de febreiro.

BIBLIOPAZOS adhírese a esta homenaxe á autora coa realización do contacontos pola tradición "A MIÑA HISTORIA", un espectáculo que busca reivindicar o dereito ao galego a través da vida e obra da autora e coñecer segredos da homenaxeada Rosalía de Castro.

"Andrea é unha periodista saída do Século XIX que sabe todo sobre Rosalía de Castro. Serás capaz de axudala para que todo o mundo se lembre dela?"

O contacontos será levado a cabo pola actriz titulada superior de Arte Dramática na especialidade de Interpretacion Textual pola ESAD de Galicia IRENE LORENZO REY da compañía "TRÉMOLA TEATRO" o próximo mércores 23 de Febreiro en dúas sesións a partir das 10:00 horas no Auditorio do Concello e nas que participarán os escolares de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.


Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 22-Febrero-2022 08:15