Na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS) continuamos coa programación educativo-cultural de animación á lectura e de sensibilización e dinamización da lingua galega de 2022, e en próximas datas conmemoraremos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER que se celebra en todo o mundo o próximo martes 8 de marzo. BIBLIOPAZOS adhírese a esta conmemoración coa programación dos seguintes eventos: O luns 7 de marzo de 10:00 a 11:00 horas no Auditorio do Concello teremos en Pazos de Borbén a Lucía L. Golán de Trémola Teatro co contacontos pola igualdade "8(M)ULIER" dirixido aos escolares de 1º e 2º de ESO do CPI "Curros Enríquez" de Pazos. "Que pasaría se reinventásemos un conto tradicional? O mesmo o luns 7 de marzo pero de 13:00 a 14:00 horas e no mesmo lugar (Auditorio do Concello) teremos outro contancontos pola igualdade denominado "UNHA NENA MOI MOI VALENTE" que levará a cabo Paula Regueiro García de Trémola Teatro e que irá dirixido aos escolares de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos. "Esta é a historia dunha nena que, nunha festa de pixamas, descobre un libro secreto cheo de historias fascinantes con mulleres como protagonistas". Mais adiante o día 24 de marzo de 13:00 a 14:00 horas tamén no Auditorio do Concello chegará a Pazos de Borbén O MAGO PACO que nos presentará "UNHA MAXIA DIFERENTE", o seu espectáculo máis reivindicativo no que participará o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos A través de distintas historias e xogos de maxia O Mago Paco traballa as diferencias humanas como un punto de unión no que vernos reflexados. E con esta actividade rematamos as do mes de marzo mentres seguimos preparando as dos vindeiros meses de Abril, Maio e Xuño. EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA. |
Cultura e Ocio 03-Marzo-2022 08:15
|