Pazos de Borbén Informa
O martes día 17 de Maio conmemórase en toda Galicia o DÍA DAS LETRAS GALEGAS no que neste ano o homenaxeado é o poeta natural de Vilamartín de Valdeorras FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.

Na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén continuamos coas actividades educativo-culturais e de animación á lectura do mes de mayo e para conmemorar este importantísimo día para Galicia, o próximo día 20 de Maio teremos con nós á actriz IRENE LORENZO REY da compañía “TRÉMOLA TEATRO” que nos traerá o espectáculo "O POETA DE VALDEORRAS. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN", un contacontos das Letras  Galegas centrado na vida do poeta valdeorrés.

A través da súa vida coñeceremos os seus poemas. Unha viaxe que nos axudará a comprender un pouco máis a nosa tradición, facendo paralelismos coa actualidade na que estamos vivindo.

A actividade levarase a cabo dúas sesións:

  • Á primeira sesión de 11:00 a 12:00 horas está convidado o alumnado de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os seus mestres.
  • Á segunda sesión de 13:00 a 14:00 horas convidamos ao alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI.
Ademáis de dar a coñecer a vida e obra do poeta homenaxeado este ano 2022 queremos promover e dinamizar o uso da lingua galega entre os mais mozos e promover a lectura en galego para o que animamos a toda a poboación do concello a que acuda e participe nas actividades organizadas pola biblioteca e a visitar as súas nstalacións para asociarse e así poder levar todos os libros de lectura que queiran para ler na casa, na praia, no campo ou en calquera lugar que lles preste... pero sobre todo para ler.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.


Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 13-Mayo-2022 08:05