Pazos de Borbén Informa
E para conmemorar a pronta chegada do Solsticio de Verán e as vacacións escolares o día 23 de abril, teremos con nós ao músico e actor PACO NOGUEIRAS co espectáculo “EXTRA!” baseado no seu Libro-CD do mesmo título editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros mais divertidos.

Esta actividade terá lugar o Venres día 10 de Xuño a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e está convidado para asistir ao mesmo o alumnado de 1º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, ademáis de todo o público en xeral que se inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.

Extra! Xa está aquí, é o teu xornal.
As novas máis curiosas, sucesos especiais.
Os temas máis diversos podes coñecer.
os feitos mas recentes. Non os debes perder!

Chega o “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos vós. En EXTRA! os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.

EXTRA! Convídate a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas? En EXTRA! Pódese. E cantos máis sexamos, moito mellor. Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailables que convidan á participación do público. EXTRA! É alegría, diversión, imaxinación e información.

EXTRA! EXTRAAAA!!! Se escoitas este berro é o momento de encher ben os pulmóns de aire e berrar con él EXTRA! EXTRAAAA!!!

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA


Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 03-Junio-2022 08:05