Continuamos informando das actividades que forman parte do programa de animación á lectura e dinamización do uso da lingua galega para o último cuadrimestre deste ano 2022 organizadas pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén “BiblioPazos” e que complementan á convocatoria do “IV CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN”.
Seguindo coa nosa programación e obxectivos; e para animar á escrita en galego a todo o alumnado organizamos varios "OBRADOIROS DE CREACIÓN LITERARIA". O primeiro deles titulado “ESCRIBIR PARA CONTAR” será impartido polo escritor, poeta, docente e contacontos MIGUEL ANXO ALONSO DIZ. Nel participará todo o alumnado de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e terá lugar nas instalacións escolares en seis sesións dunha duración de hora e media cada unha nas seguintes datas e horarios: Martes, 27 de setembro: 12:30 a 14:00 - 1º de Primaria Mércores, 28 de setembro: 12:30 a 14:00 - 2º de Primaria Xoves, 29 de setembro: 09:30 a 11:00 - 3º de Primaria 11:00 a 12:30 - 4º de Primaria Venres, 30 de setembro: 09:30 a 11:00 - 5º de Primaria 11:00 a 12:30 - 6º de Primaria O obradoiro está concibido coma un xeito de estruturar e dar forma aos procesos de creación que teñen lugar na forma de afrontar o proceso da escrita do escritor que os imparte. A múltiple condición de escritor-poeta, conta contos e docente fai que xogue con diversas variables: o uso da palabra, a inclusión de elementos (que da en chamar de contada), as imaxes e as actividades asociadas ao libro dirixidas a reforzar a mensaxe que se desexa transmitir á rapazada. Na maioría das veces actividades que buscan fomentar a creatividade, o amor pola arte en xeral e pola lingua galega. Todas estas variables xogan un papel relevante no intre de pórse diante da folla en branco. O obradoiro que está pensado para os escolares e cada sesión está adaptada non só a idade senón tamén ao grupo, persegue os obxectivos que se indican a continuación e estrutúrase nos niveis que se detallan:
Primeiro nivel: 1º e 2º de Primaria
Segundo nivel: 3º e 4º de Primaria
Terceiro nivel: 5º e 6º de Primaria
Esta actividade enmárcase no programa de "Obradoiros e Certame de Creación Literaria" do Proxecto de Actividades de Dinamización da Lingua Galega da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén e que patrocina a Deputación Provincial de Pontevedra. Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura. EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA. Archivos adjuntos: |
Cultura e Ocio 24-Septiembre-2022 08:30
|