Pazos de Borbén Informa
Queremos aproveitar a realización das actividades que temos organizadas para o resto deste mes para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS que se celebra en todo o país o 24 de Outubro de cada ano, especialmente dedicado ao público infantil e xuvenil, desde que no año 1997 a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, promoveu a celebración deste día, co apoio do Ministerio de Cultura e Deporte, co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor do persoal bibliotecario; e en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada el 1992 durante a Guerra dos Balcáns.

A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana. A través destas accións preténdese educar aos nenos e maiores nos valores da lectura e a cultura, e destacar a misión das bibliotecas como centros socializadores e integradores e demostrar que os libros están ao alcance de todos os veciños.

Bibliotecas públicas, privadas, universitarias, especializadas, escolares, nacionais, móbiles… Todas elas albergan grandes tesouros, e destruílas ou non protexelas, que vén ser o mesmo, é un memoricidio a pequena ou gran escala. E unha das mellores maneiras de protexelas é dalas a coñecer, abrir as súas portas, mostrar os seus recunchos máis escondidos, extraer os seus documentos dos fríos estantes e poñelos en mans dos lectores. E, sobre todo, falar e facer que se fale delas. Por iso é tan importante este día e as celebracións que se propoñen desde diferentes ámbitos.

A seguinte actividade da programación suporá a participación por sexto ano consecutivo do Concello de Pazos de Borbén no FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL “ATLÁNTICA" que este ano celebra a súa X Edición.

O contacontos co que conmemoraremos o DÍA DAS BIBLIOTECAS en Pazos de Borbén, terá lugar o Venres 21 de Outubro, a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello e o levará a cabo MARÍA DA PONTRAGHA (alcume de María Iglesias), unha educadora e antropóloga que dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en sí. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose na recuperación e actualización das historias populares e de tradición oral e cun gusto especial polas historias que se centran nas mulleres do país. É ademais percusionista e vocalista nos grupos Bouba e Lévede, e vocalista no grupo Sacha na horta.





MARÍA DA PONTRAGHA
 traeranos o espectáculo de narración oral “UN SACO DE CONTOS”, con contos e cancións de tradición oral para crianzas; contos e cancións que beben da nosa herdanza cultural e cos que sementa as leiriñas das familias para que medren vizosas.


Está convidado a participar neste evento o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos; o alumnado da EEI “A Galeriña” de Nespereira; e dos usuarios da Asociación ASPAVI.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.


Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 14-Octubre-2022 08:00