Pazos de Borbén Informa
Mañá sábado 24 de febreiro de 2018 celébrase o Día de Rosalía de Castro para conmemorar o 181 aniversario do seu nacemento, co obxectivo de socializar a figura da autora e divulgar a súa obra.

A Biblioteca Pública de Pazos de Borbén (BiblioPazos) celebrou hoxe unha pequena homenaxe a Rosalía coa lectura de varios poemas polo persoal do centro e os usuarios da Asociación ASPAVI que deste xeito quixeron aportar o seu pequeno gran de area para homenaxear a esta muller indiscutible representante da iteratura galega.



Archivo adjunto: http://www.bandomovil.com/archivos/pazosdeborben/230218151448_IMG_20180223_133949.jpg