Riotorto Informa
O Concello de Riotorto vai pagar o recibo integro de autónomos dos veciños/as de Riotorto que tiveron que pechar os seus negocios polo estado de alarma sanitaria. Beneficiarios: 1. Ter un negocio ou actividade no término municipal de Riotorto pechado polo Covid-19. 2. Estar empadronado/a no municipio. O concello pagará o importe total dos recibos de autónomos(metade do recibo do mes de marzo e o recibo integro do mes de abril) Solicitudes: oficinas municipais unha vez se levante o estado de alarma.
Noticias 04-Abril-2020 14:00