O Concello de Riotorto demandou ontes de forma urxente a través da xerencia do sergas, que se cubra de forma inmediata a substitución do médico do centro de saúde de Riotorto que se atopa de vacacións. Despois da conversa no día de hoxe co xerente D. Ramón Ares, garantizou mañá a presenza dun médico no noso centro de saúde. Demandamos este servizo básico no noso municipio tódolos días mentres o facultativo titular este de vacacións e a outra facultativa estea de baixa.
|
Noticias 14-Diciembre-2022 20:23
|