-
📌 "XOVES DE COIDADOS" Balneario de Guitiriz.
Servizos05-Octubre-2026 14:41
Infórmase de que se reinicia o programa de envellecemento activo "Xoves de coidados", dándolle así continuidade ás actividades iniciadas a principios deste ano 2026.
A próxima saída programada ao Balneario de Guitiriz terá lugar o xoves, 22 de outubro de 2026.
As persoas interesadas poden inscribirse dende o martes, 13 de outubro de 2026 ata o venres, 16 de outubro de 2026 (incluído) no Departamento de Servizos Sociais (planta baixa do Concello).
(...)
...Haga click para ver completo. -
Resintonización de televisores
Info Xeral15-Octubre-2026 13:28
A partir do día 16 de outubro, realizaranse actuacións nos centros emisores de TDT, con motivo da evolución tecnolóxica da Televisión Dixital, o que implica un cambio de canles de televisión e a necesidade de resintonizar os televisores.
Máis información na Oficina da Televisión Dixital de Galicia: 881866388.
Archivos adjuntos: -
Exposición ao público do Censo electoral
Info Xeral09-Octubre-2026 13:08
O período de exposición pública do Censo electoral e de presentación de reclamacións será do 13 ao 19 de outubro.
Poderase comprobar por medios informáticos, previa identificación da persoa interesada e presentar as oportunas reclamacións en horario de oficina.
Existen ademáis, para consulta ou para calquera aclaración que se desexe facer, os seguintes números de teléfono:
981217439 ou 900343232. -
AVISO CORTE DE AUGA EN VARIOS LUGARES DE A VIÑA E AMBROA
Servizos30-Septiembre-2026 11:58
Con motivo de realizar melloras na rede de subministro e á reparación de fugas, informamos que o xoves 1 de outubro de 2026 a auga estará cortada a partir das 09:00 horas en varios lugares das parroquias de Ambroa e A Viña.
Lugares afectados:
Chao da Viña (zona de As Airas e a Igrexa da Viña)
Midoi
Vilar da Viña
Os Chaos
Valmarín
A Moreira
Samede
Cal de Samede
Escañoi
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Actividade de Costura. Novo inicio en Outubro
Info Xeral22-Septiembre-2026 11:45
A actividade de Costura comeza de novo o venres 2 de outubro. Actividade de balde, financiada polo Programa de Envellecemento Activo da Deputación da Coruña, para ofertar alternativas de ocio saudable a persoas maiores de 55 anos empadroadas.
Existen prazas vacantes. Máis información e incrición previa no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 793 001.
Archivo adjunto: -
Aviso de corte de tráfico Granvén-Corredoiras
Noticias22-Septiembre-2026 10:17
📢 O Concello informa do corte de tráfico na estrada municipal entre o Granvén e a Fonte de Corredoiras por obras.
O peche terá lugar o martes, 22 de setembro de 2026. Recoméndase utilizar vías alternativas e extremar a precaución ao circular pola zona.
Disculpen as molestias ocasionadas.
Datos clave
-
Charla Aproximación ao dano cerebral adquirido.
Info Xeral17-Septiembre-2026 13:09
O día 6 de outubro de 2026 terá lugar, na biblioteca municipal de Irixoa, unha charla sobre o dano cerebral adquirido. O horario será de 16.30 a 18 horas. Actividade organizada por Dano Cerebral Galicia, colabora Concello de Irixoa. Actividade gratuita. Inscrición previa no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981793001.
Archivo adjunto: -
Aviso de corte de tráfico na estrada de Churío
Noticias17-Septiembre-2026 10:49
Debido a un accidente de tráfico, un poste do tendido eléctrico caeu sobre a estrada principal de Churío á altura de San Paio, impedindo a circulación de vehículos.
A vía permanecerá cortada ao tráfico ata que os técnicos da empresa distribuidora de electricidade retiren o poste e se garanta a seguridade.
Como vías alternativas para acceder a Churío, pódese entrar por Campoade ou por Bóveda.
Desculpen as molestias.(...)
...Haga click para ver completo.
Archivos adjuntos: -
SERVIZO DE AUGAS: CORTE DE SUMINISTRO POR AVERÍA
Servizos11-Septiembre-2026 18:17
-
TODOS CON CEUTA
Noticias31-Agosto-2026 14:24
📢 Anúnciase a convocatoria dunha manifestación en apoio a Ceuta.
A manifestación celebrarase o mércores, día 2, ás 20:00 h diante do Concello de Irixoa.
Pídese ás persoas asistentes que respecten as normas de seguridade, así como os espazos públicos.
- Data: mércores, día 2
- Hora: 20:00 h
- Lugar: Diante do Concello de Irixoa
-
ACTIVIDADES MUNICIPAIS CURSO 2026-2027
Noticias31-Agosto-2026 10:45
Mañá comeza o prazo para inscribirse nas actividades municipais para o curso 2026-2027. O prazo de inscrición é do 1 ao 25 de setembro. Para formalizar a inscrición habrá que cubrir unha solicitude e entregala no concello ou por sede electrónica. Máis información no concello ou no tel. 981 793 001
Archivos adjuntos: -
AVISO DE CORTE DE AUGA POR ROTURA
Noticias17-Agosto-2026 11:12
Informamos á veciñanza que, debido a unha rotura na rede de distribución de auga, haberá un corte no subministro o luns, 17 de agosto de 2026, de 12:00 h a 14:00 h aproximadamente.
Lugares afectados:
- Regueiro
- Igrexa de Verís
- Campelo
- Reción
- Cantarabá
- Rebón
- Sanxeo
O servizo restablecerase cant(...)
...Haga click para ver completo. -
CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA MUNICIPAL
Noticias14-Agosto-2026 13:10
Nos últimos días se está a rexistrar un consumo excesivo de auga da traída municipal.
Por este motivo, pregamos aos usuarios deste servizo que exerzan un consumo responsable e racional da auga, xa que o seu uso inadecuado ou excesivo pode prexudicar a todas as persoas veciñas do concello.
Tendo en conta que este verán está a ser especialmente cálido e seco, e ante a escaseza de auga existente, cómpre evitar, na medida d(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
AVISO CORTE DE AUGA EN VARIOS LUGARES DE A VIÑA E AMBROA
Servizos11-Agosto-2026 09:26
Con motivo dunha rotura na rede de distribución de abastecemento de auga, informamos que hoxe día 11 de agosto a auga estará cortada ata as 13:00 horas aproximadamente, en varios lugares das parroquias de Ambroa e A Viña.
Lugares afectados:
Chao da Viña (zona de As Airas e a Igrexa da Viña)
Midoi
Vilar da Viña
Os Chaos
Valmarín
A Moreira
Samede
Cal de Samede
Escaño(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Excursión á Mariña Lucense
Cultura e lecer28-Julio-2026 13:59
O Concello de Irixoa organiza unha excursión á Mariña Lucense o vindeiro día 19 de setembro.
Saída: 8:30 horas diante do Concello.
Prezo
20,00 € persoas empadroadas.
40,00 € peroas non empadroas.
De acordo coa ordenanza fiscal reguladora de prezos públicos pola prestación de actividades deportivas, culturais e outras actividades de carácter puntual no Concello de Irixoa.
Bonificacións e exencions, Máis información na ordenanza reguladora, publicada no BOP Deputación da Coruña d(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Aquapark de Cerceda
Cultura e lecer28-Julio-2026 12:08
O Concello de Irixoa organiza unha excursión ao Aquapark de Cerceda o dia 17 de agosto de 2026.
Saída: 11:00 horas ao lado da Casa consistorial.
Chegada a Irixoa de volta: 21:00 horas aproximadamente.
Prezos:
20,00 € persoas empadroadas.
40,00 € persoas non empadroadas.
De acordo coa ordenanza fiscal reguladora de prezo público pola prestación de actividades deportivas, culturais e outras actividades de carácter puntual no Concello de Irixoa.
Bon(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
USO RESPONSABLE DA AUGA
Noticias07-Julio-2026 14:03
Debido ás vagas de calor que se están a rexistrar nestes días, estanse a producir importantes incrementos no consumo de auga da Traída Municipal. Co fin de garantir o abastecemento de auga para o consumo humano e as necesidades dos animais, faise un chamamento á responsabilidade e colaboración de todos os usuarios e usuarias, solicitando que se limite o consumo aos usos estritamente necesarios.
Archivo adjunto: -
CIM Móbil
Info Xeral02-Julio-2026 12:44
Mañá día 3 de xullo a unidade móbil do centro de atención á muller CIM Móbil estará situada diante da Casa do Concello en horario de 10 a 14 para a atención e información de todas as mulleres que necesiten o recurso. -
Simulacro no Parque eolico de Touriñán
Info Xeral15-Junio-2026 13:32
ℹ️ O Concello informa:
A empresa Enel Green Power SpA, xestora do parque eólico de Touriñán, comunicou que o día 17 de xuño se realizará na zona un simulacro de incendio e rescate. A actividade desenvolverase de 10:00 a 15:00 h.
Durante o simulacro poderase observar presenza de persoal e vehículos de emerxencia e escoitar ruídos. Rogámos á poboación que respecte as indicacións do persoal autorizado e que non se achegue ás zonas acotadas.
Datos clave
...Haga click para ver completo. -
Transporte público a Betanzos
Info Xeral15-Junio-2026 10:17
Este martes 16 de xuño volvereremos ter servizo de transporte a Betanzos para empadroados /as. Saída dende diante da Casa do Concello ás 9.30 da mañá e volta ás 13 horas. Agardámoste. Durante os meses de xullo e agosto non haberá servizo. -
Lumeiradas de San Xoan e San Pedro 2026
Info Xeral11-Junio-2026 12:49
Aberto o prazo en Irixoa para comunicar a celebración de lumeiradas para San Xoán e San Pedro.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 22 de xuño para as de San Xoan e ata o 25 de xuño para as de San Pedro.
FORMA DE PRESENTACIÓN:
Presencial no Rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00
Na Sede Electrónica do Concello de Irixoa cumplimentando a declaración que se achega(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
Bono Social Térmico
Info Xeral05-Junio-2026 13:23
O Concello de Irixoa informa que, en relación as cartas que están chegando a algunhas persoas perceptoras do Bono Social eléctrico, relacionadas co cobro do Bono Social Térmico 2025, existen cambios respecto aos anos anteriores comunicados polas empresas que xestionan o Bono e que pode influir no cobro do mesmo. Pódense dirixir ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa ou chamar ao teléfono 981 793 001 para pedir información ao respecto. -
Corte de tráfico na carretera do raño
Noticias02-Junio-2026 13:39
Atención: corte de tráfico na Carretera do Raño debido a obras.
O corte terá lugar o mércores, 3 de xuño de 2026, de 09:00 h a 20:00 h.
Datos clave:
- Tramo afectado: Carretera do Raño, desde Altos de Verís ata os eólicos.
- Data: mércores, 3 de xuño de 2026.
- Horario: 09:00 h a 20:00 h.
- Motivo: obras.
Rogamos á veciñanza que extreme a precaución e respecten a sinalización. Lamentamos as molestias.<(...)
...Haga click para ver completo. -
Transporte público a Betanzos
Info Xeral01-Junio-2026 11:29
Este martes 2 de xuño volvereremos ter servizo de transporte a Betanzos para empadroados /as. Saída dende diante da Casa do Concello ás 9.30 da mañá e volta ás 13 horas. Agardámoste. -
AVISO CORTE DE AUGA EN VARIOS LUGARES DE A VIÑA E AMBROA
Servizos29-Mayo-2026 13:13
Con motivo de traballos de mantemento na rede de distribución, informamos que o próximo luns 1 de xuño, entre as 07:00 e as 13:00 horas aproximadamente, interrumpirase o servizo de auga en varios lugares das parroquias de Ambroa e A Viña.
Lugares afectados:
Chao da Viña (zona de As Airas e a Igrexa da Viña)
Midoi
Vilar da Viña
Os Chaos
Valmarín
A Moreira
Samede
Cal de Samede<(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto:



