• 2018-09-14 09:49:49
    Cultura e lecer

    Está aberto o prazo para inscribirse nas actividades que o Concello de Irixoa oferta para o curso 2018-2019.
    Nas actividades deportivas e extraescolares o prazo estará aberto ata o día 28 de setembro, e comezarán o día 1 de outubro. Para o resto de actividades, como "Facendo memoria" ou "Campionato de Tute", que oferta o departamento de Servizos sociais consultar no tríptico.
    Para a inscrición haberá que entregar unha solicitude no rexistro xeral.
    O modelo de solicitude está disponible na páxina web municipal www.irixoa.es e nas oficinas do concello.
    Máis información na Casa do Concello ou no tel. 981 793 001.





    Adjuntos: