A Mezquita Informa
“Plan ReActiva Ourense Menores de 45 anos”, trátase dun programa de acompañamento activo para a incorporación ao mercado laboral de persoas menores de 45 anos da provincia de Ourense en situación de desemprego, que conta coa financiación da Deputación Provincial de Ourense.  
 Datas do 20 ao 24 de novembro. A duración total é de 15 horas de formación coxunta en competencias e habilidades útiles para a procura de emprego, e 1 hora de seguimento individualizado por participante, de xeito 100% Online a través da plataforma Zoom. Para o desenvolvemento das sesións accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.

O obxectivo fundamental é apoiar a persoas desempregadas menores de 45 anos da provincia de Ourense. Para elo deseñarase un itinerario formativo dotando aos/ás participantes das habilidades, coñecementos  e ferramentas, tanto a nivel laboral como persoal e social que lle permitan acercarse ás empresas con confianza, tranquilidade, autonomía e independencia na busca activa de emprego co obxectivo de favorecer as posibilidades de inserción laboral e desenvolverse mellor nun entorno competitivo.

 A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orde de solicitude. Pode realizar a súa inscrición abrindo o seguinte enlace: https://forms.gle/w7GDw9pZ4PUAHuCh9

 Para calquera dúbida, tamén poden chamar ao teléfono 988 391 110 ou enviar un correo electrónico cos seus datos a reactivaourense@ceo.es


Archivos adjuntos:
Emprego 15-Noviembre-2023 10:02