-
HORARIOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS E TEATRO 2026-2027.2026-09-16 13:17:26DeportesAs escolas deportivas, os cursos de natación, aquagym e o teatro comezan o 13 de outubro de 2026 e rematan o 28 de maio de 2027.
O prazo de inscrición comezará a vindeira semana, e uns días antes anunciarase a data e a hora na que comeza a inscrición e a ligazón na que se pode realizar. Se algunha persoa ten dificultade para realizar a inscrición ou non conta cos medios necesarios, pode acudir o servizo de deportes (Casa do concello), onde se lle axudará a realizar a insicrición.
A continuación achéganse o cartaz e os horarios onde aparecen: os días, as horas, a instalación onde se imparte cada unha das escolas e o ano de nacemento dos participantes.
Os horarios e as escolas non son definitivos e poden variar en función da dispoñibilidade dos monitores.
A escola de patinaxe artístico dos venres e unha escola organizada pola ANPA a Basteira e a inscrición realízase a través do ANPA.
Máis información na casa do concello (Servizo de deportes) ou no teléfono 981405064.