• 2022-04-08 10:51:15
    Servizos


    SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE IRIXOA INFORMA


     

    A Consellería de Política Social  co fin de asegurar o disfrute das persoas maiores do seu tempo de ocio nunha contorna natural e saudable, oferta estadias de 5 días en réxime de aloxamento e pensión completa na residencia de tempo libre de Carballiño nas seguintes datas:

     1ª quenda Do 2 ao 6 de maio (entrada o día 2 para xantar e saída o día 6 despois de almorzar)

     2ª quenda Do 9 ao 13 de maio (entrada o día 9 para xantar e saída o día 13 despois de almorzar)

    3ª quenda Do 16 ao 20 de maio (entrada o día 16 para xantar e saída o día 20 despois de almorzar)

    O custo da estadía

    Habitación doble                             119,05 € por quenda

    Habitación individual                     139,75 € por quenda

    A estas cantidades habería que aplicarlles os descontos aos que tivesen dereito (disicapacidade 10%, maiores de 60 anos 10% e grupos de máis de 25 persoas ( 10%)

    As solicitudes deben dirixirse dende o centro socioiomunitario á Residencia de Tempo Libre do Carballiño á seguinte dirección de correo electrónico: rtlcarballino@xunta.gal.

    As prazas cubriranse por riguroso orde de entrada de solicitudes na residenica de tempo libre.

    Esta oferta de estadías quedará suspendida no caso de que, atendendo ao requirimento efectuado polo Ministerio de Inclusión , Seguridade Social e Migracións, sexa necesario dispoñer da residencia co fn de atender as neiesidades derivadas da acollida na mesma de refuxiados do confito bélico de Ucraína.

    Persoas interesadas do Concello de Irixoa  deben acudir a anotarse a Servicios Sociais, necesario traer do DNI.






    Adjuntos: