-
MELLORA ENERXETICA2022-03-07 12:03:42Info General
Que o Instituto de Vivenda e Solo sacou unha subvención de MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA para particulares (código de procedemento VI406E).
As actuacións subvencionables son:
- Conseguir unha redución da demanda enerxética ou unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable mediante actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica, principalmente cambio de ventás.
A contía da axuda será do 40 % do investimento elixible da instalación. A contía máxima por proxecto será de 3.000 €.
Un dos requisitos para ser beneficiarios da subvención será ser o titular catastral ou ter escritura de propiedade, así mesmo estar empadroado na vivenda.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 14 de outubro de 2022,ou ata esgotase o crédito orzamentario.
Os Blancos, a 7 de Marzo de 2022
O ALCALDE
Jose Manuel Castro Blanco