• 2019-04-01 12:22:42
    Cultura

    Touro foi onte a capital galega do teatro escolar. Brandelos e Fonte Díaz foron os escenarios elixidos para a celebración do IX Festival de Teatro Escolar de Touro no que participaron 200 actores e actrices de Touro, Laxe, Compostela, Palas de Rei e A Estrada.
    A xornada comezou cun roteiro teatral, musical e poético ás 11:00 horas na aldea de Brandelos, que estivo protagonizado polo alumnado da Aula de Teatro do CPI de Touro, polos grupos de música tradicional As nenas do Sapo Dourado e A Pinguela de Bama e polas nais do alumnado.
    Ás 13:00 horas, na Casa de Cultura de Touro, a Aula de Teatro do CPI Fonte Díaz de Touro, O Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, A Escola Municipal de Teatro de Laxe, A Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez da Estrada, Avelaíñas Teatro e a Aula de Teatro do IES Antonio Fraguas Fraguas puxeron en escena o espectáculo Vogando nos Contos.
    O peche a esta xornada cultural púxoo a Banda de Música Isabel II de Touro.




    Adjuntos: