-
XVII XORNADAS MICOLÓXICAS E SHOWCOOKING DE PRODUTOS DE OUTONO O SÁBADO 14 DE NOVEMBRO EN TOURO
Cultura22-Octubre-2026 20:39
O Concello de Touro organiza dúas actividades moi outonais para o sábado 14 de novembro. Ao longo desa xornada terán lugar as XVII Xornadas Micolóxicas a cargo de José María Costa Lago. E pola tarde, un showcooking de produtos de outono a cargo do chef José Carlos Gómez. O prazo para anotarse en ambas actividades comezará a vindeira semana: será do 26 de outubro ao 6 de novembro. (Adxuntamos cartel de ambas actividades con toda a información).
(...)
...Haga click para ver completo.
Archivos adjuntos: -
SAMAÍN EN TOURO O DÍA 31
Cultura e Turismo22-Octubre-2026 10:48
Un ano máis o Concello de Touro celebrará o Samaín e farao cunha variada programación. A cita será o sábado 31 de outubro. Haberá obradoiros, animación, música, terá lugar a IV Procesión da Santa Compaña cun roteiro teatralizado, chocolatada terrorífica... Ademais, lembrade que o Concello dispón de disfraces para participar na procesión da Santa Compaña. O prazo para solicitalos rematará este venres, 23 de outubro. Adxuntamos o cartel coa programación(...)
...Haga click para ver completo.
Archivos adjuntos: -
O CONCELLO DE TOURO CONTARÁ COA PRIMEIRA CASA DO MAIOR, QUE SE SITUARÁ NA PARROQUIA DE VILAR
Servizos Sociais21-Octubre-2026 12:59
O Concello de Touro contará coa súa primeira Casa do Maior, un novo recurso de proximidade destinado a mellorar a atención e a calidade de vida das persoas maiores do municipio, favorecer que poidan permanecer no seu contorno habitual e ofrecer apoio ás familias coidadoras. A iniciativa é froito do acordo e do traballo conxunto entre Darío Rey e o grupo liderado polo alcalde, Jesús Reboredo, que continúan impulsando medidas para ampliar os servizos sociais e mellorar a atención á v(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
TOURO ENCHE O OUTONO DE CULTURA!
Cultura e Turismo10-Octubre-2026 11:58
O Concello de Touro presenta unha nova programación cultural para gozar de actividades, propostas e momentos para compartir durante outubro e novembro.
Samaín, unha xornada dedicada ao turismo máis oculto, unha andaina, magosto, obradoiros, teatro, maxia, música, un showcooking, unha xornada micolóxica, saída ao balneario...
Adxuntamos a programación completa para que non perdas ningunha das actividades!
Archivo adjunto: -
SAN BREIXO 2026 | AVISO DE RESTRICIÓNS DE TRÁFICO
Cultura e Turismo09-Octubre-2026 18:27
Con motivo das festas de San Breixo de Foxás, haberá cortes e restricións de tráfico dende as 10:00 horas do sábado 10 ata as 08:00 horas do luns 12 de outubro. Pregamos que respectedes a sinalización e sigades as indicacións da organización. O tráfico será desviado por Tolán cara a Foxás de Abaixo e dende Sobredo cara á estrada municipal Turces–Vilar.
Peter Punk chega a San Breixo! O Concello de Touro colabora con esta parroquia, igual que coas demais do municipio, <(...)
...Haga click para ver completo.
Archivos adjuntos: -
TOURO ACOLLERÁ O 11 DE OUTUBRO A IV CARREIRA OS DO JATILLO, 5 HORAS DE RESISTENCIA
Deportes09-Octubre-2026 13:17
Touro prepárase para vivir este domingo, 11 de outubro, unha nova xornada dedicada ao motor coa celebración da IV Carreira Os do Jatillo – 5 H de Resistencia, unha proba organizada polo club Os do Jatillo coa colaboración do Concello de Touro.
A competición terá unha duración de cinco horas e dará comezo ás 10:30 horas, cunha modalidade que permitirá participar en solitario ou por parellas. Contará coa participación de moitos dos mellores pilot(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
HOXE HAI PLENO ORDINARIO
Concello08-Octubre-2026 19:32
A Corporación Municipal de Touro celebra hoxe, ás 21 horas, o pleno ordinario do mes de outubro. Poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube do Concello a través do seguinte enlace: https://www.youtube.com/live/f7izq9yA5Cs
Archivo adjunto: -
A OFICINA MÓBIL DE BENVIDOS A GALICIA CHEGA A TOURO
Servizos Sociais08-Octubre-2026 18:29
A iniciativa "Benvidos a Galicia" da Xunta de Galicia achegará os seus servizos a Touro o vindeiro xoves 15 de outubro coa instalación dunha oficina móbil destinada a apoiar as persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Estará diante do Consistorio e é preciso pedir cita.
Archivo adjunto: -
QUERES FORMAR PARTE DA PROCESIÓN DA SANTA COMPAÑA DE TOURO?
-
II EDICIÓN TOURO OCULTO: UN PATRIMONIO POR DESCUBRIR
Cultura e Turismo06-Octubre-2026 14:10
Touro volve descubrir o seu patrimonio oculto cunha nova xornada de visitas o 17 de outubro
O Concello de Touro celebrará unha nova edición da xornada “Patrimonio Oculto”, unha iniciativa que nace coa intención de poñer en valor lugares singulares do municipio que, ben pola súa natureza privada ou polas súas características, non son habitualmente visitables ou permanecen descoñecidos para boa parte da veciñanza.
A proposta está inspirada nas coñecidas xornadas d(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
TES FOTOS ANTIGUAS? AXÚDANOS A CREAR AS 'MEMORIAS DE TOURO'
Cultura e Turismo29-Septiembre-2026 12:24
O Concello de Touro lanza unha iniciativa a través da cal busca fotografías anteriores a 1975 de festas, oficios, paisaxes, momentos da vida cotiá... do noso municipio para crear un arquivo dixital e poñer en valor a nosa historia local.
Podes levar as túas imaxes antiguas ao Consistorio de luns a venres de 9 a 14 horas ata o 30 de outubro 2026. O Concello devolverá as orixinais e dará unha copia dixital aos propietarios
Archivo adjunto: -
CORTES DE TRÁFICO ESTE DOMINGO DEBIDO Á CARREIRA PEDESTRE DE TOURO
Deportes25-Septiembre-2026 10:45
Este domingo, 27 de setembro, terá lugar a XII Carreira Pedestre Popular do Concello de Touro. Debido a isto haberá os seguintes cortes de tráfico:- A DP6602 estará cortada entre as 10:00 e as 13:00 horas
- A pista de acceso a Arinteiro estará pechada o tráfico entre as 10:30 e as 11:00 horas
- En Tribas e A Igrexa estará pechado ó tráfico entre as 10:45 e as 11:15 horas.
Os desvíos estarán sinalizados. Desculpen as molestias! (Adxuntamos o pl(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto: -
O CONCELLO CONTRATA O LAVADO E DESINFECCIÓN DOS CONTEDORES
Concello22-Septiembre-2026 19:50
O goberno local contratou os traballos de lavado e desinfección dos contedores do Concello de Touro, unha actuación necesaria para mellorar a limpeza e as condicións hixiénicas destes elementos de uso diario. Os traballos permitirán realizar unha limpeza específica dos contedores e contribuír a manter os espazos públicos en mellores condicións. Levarase a cabo nas vindeiras datas.
Archivo adjunto: -
SAÍDA AO BALNEARIO DE CUNTIS O MARTES 13 DE OUTUBRO
Cultura e Turismo22-Septiembre-2026 10:34
-
BUSCAMOS VOLUNTARIOS PARA A CARREIRA PEDESTRE
Deportes21-Septiembre-2026 20:21
Dende o Concello de Touro buscamos voluntari@s para a XII Carreira Pedestre Popular do Concello de Touro que se disputará este domingo, 27 de setembro 2026. Se queres colaborar contacta a través do correo deportes@concellodetouro.gal ou do teléfono 981 504 029. Gracias!
Archivo adjunto: -
CURSO DE COCIÑA EN TOURO
Cultura21-Septiembre-2026 11:55
-
CURSO DE ENCAIXE DE BOLILLOS EN TOURO
Cultura21-Septiembre-2026 09:52
-
DESCUBRINDO A REDE NATURA POR TOURO: MAÑÁ, SÁBADO 19, NOVA ACTIVIDADE
Cultura e Turismo18-Septiembre-2026 18:53
-
XA ESTÁN AQUÍ AS CAMISETAS DA XII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO CONCELLO DE TOURO!
Deportes16-Septiembre-2026 11:32
Xa coñecemos o deseño das camisetas da XII Carreira Pedestre Popular do Concello de Touro (adxuntamos foto). Inscríbete e non quedes sen ela!
Lembramos que:- A cita será o domingo 27 de setembro a partir das 10:30 horas con saída e chegada na rúa Pucho Boedo.
- Paras as categorías escolares, a inscrición é gratuíta e na proba absoluta o prezo é de 7 euros por participante.
- A proba absoluta terá un novo circuíto du(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto:
-
ACTIVIDADES PARA DESCUBRIR A REDE NATURA 2000 EN TOURO
Desenvolvemento Local15-Septiembre-2026 18:37







