• 2020-01-22 10:59:30
    Servizos Sociais

    Orde do 18 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 12 do 20/01/2020) BS410A.Prestación familiar por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020.

    Beneficiarios

    Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2017 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2018, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
    Serán igualmente beneficiarias polas fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017.

    Requisitos
    Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que non quede acreditada a dita circunstancia pola presentación do xustificante de empadroamento, poderáselles requirir para que presenten documentación complementaria que o demostre.
    Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.

    Contía da axuda
    A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
    1ª filla ou fillo: 360 euros.
    2ª filla ou fillo: 1.200 euros.
    3ª e sucesivos: 2.400 euros.

    Prazo de presentación:
    35 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Comezará o 21 de xaneiro e rematará o 10 de marzo de 2020 (ambos os dous incluidos)

    Máis información nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Touro ou no teléfono 981504029

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200120/AnuncioG0425-191219-0002_gl.pdf