• 2020-04-06 11:45:04
    Cultura

    #CONVOSESTAMOSSEGUROS
    - A finalidade é que poidan amosar o agradecemento aos corpos e forzas de seguridade, e que mediante o debuxo os nenos e nenas poidan transmitirlle ánimos tanto á Policía Nacional, Policía Local, Policía Autonómica e Garda Civil.

    - A temática do concurso e completamente libre. O único requisito é que poñan o cancelo #ConVosEstamosSeguros

    - Haberá categorías segundo o nivel educativo.

    - Os premios é que o neno ou nena gañador poida facer xunto a toda súa clase unha visita guiada á Academia.

    - Poderá presentarse unha obra por concursante en tamaño A4 e poderá ser realizada en calquera modalidade, con lápiz, tinta china, estilográfica, rotuladores, pinturas, ceras..

    - O prazo de presentación dos debuxos remata o venres 17 de abril.

    - Os debuxos poderán ser remitidos á Academia mediante unha foto do mesmo que se pode mandar por correo electrónico ao seguinte enderezo formacion.agasp@xunta.gal, indicando o nome completo, o nivel educativo ao que pertence, así como o colexio ao que asiste.




    Adjuntos: