• 2020-05-04 12:08:42
    Concello

    Os traballos de trampeo profesional de prevención de presencia de velutinas no concello comezaron o 3 de abril de 2020 a cargo da empresa Servicios Privados Antivelutina (Serpa). As primeiras trampas recolleron as primeiras capturas e estas foron modificadas segundo as necesidades.
    As capturas a día 20 de abril de 2020 foron un total de 623 raíñas. Así mesmo deixouse o trampeo despregado para a seguinte quincena.
    Os traballos continúan co conteo de capturas e reposición de atraíntes nas quincenas sucesivas. Estes traballos farán que baixe a presión das vespas velutinas nas zonas acoutadas para aloxar a posible presencia de niños preto dos núcleos de poboación nas parroquias do concello.




    Adjuntos: