• 2020-06-09 14:29:19
    Concello

    O trampeo para loitar contra a vespa velutina no noso municipio xa está mostrando nos últimos días unha baixada das capturas de raíñas e un incremento das obreiras, segundo informa a empresa Serpa, especializada na extinción de vespas asiáticas e contratada polo Concello para facer este traballo. Na última semana Serpa capturou 95 raíñas e 394 obreiras. A empresa informa que nos últimos días entregou algunha trampa máis aos veciños e segue animando a instalar trampas para combater a praga da vespa asiática. Os técnicos advirten de tomar coidado nos traballos de limpeza e desbroce de maleza por si puideran atoparse niños primarios de vespa velutina. O Concello agradece a colaboración dos veciños na loita contra a vespa velutina e a súa disposición na colocación de trampas para combater esta praga.




    Adjuntos: