• 2020-07-13 13:10:42
    Cultura

    Como tódolos anos o Concello de Touro solicitou a Consellería de Política Social o uso das súas instalacións xuvenís para os/as nenos/as de Touro.
    Este ano debido a situación derivada polo COVID-19 a Consellería reduciu o número de días (5) e tamén só oferta o uso de dúas instalacións xuvenís, unha en Ourense cidade e outra en Lugo cidade.
    Acaban de comunicarnos que ao Concello de Touro concedéronlle a Residencia Xuvenil Lugo I, do 29 de xullo ao 2 de agosto de 2020.
    Prazo de inscricións: dende o martes 14 ao venres 17 de xullo, no departamento de Cultura, teléfono 981814566 ou 981504029.
    26 Prazas por rigorosa orde de inscrición.




    Adjuntos: