• 2020-09-24 10:17:40
    Cultura

    Onde? Praza do Luar, Fonte Díaz

    Cando? Mércores 30 de setembro ás 17 horas

    Público? Infantil e familiar ( 4 anos)

    Tempo? 50 minutos

    Para asistir a estas actividades é obrigatorio inscribirse no 981 81 4566 ou cultura@concellodetouro.gal

    Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Desmontemos cos contos eses estereotipos que dificultan a convivencia pacífica entre nenas e nenos.

    A celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19.

    O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.

    Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (17h) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.




    Adjuntos: