• 2020-09-29 13:36:16
    Cultura

    En outubro reincidimos con Touro a escena.

    Comezamos con "Pakolas" rockeiro e guitarreiro, o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil e seguimos con contos sobre o libro "A Reconquista" gañador do I Premio Fina Casalderrey e unha nova aventura, do Mago Teto, que tras varios anos estudando, experimentando e intentando descifrar a estraña simboloxía dos libros sobre alquimia, busca a pedra filosofal, para rematar cun concerto baseado no libro-cd-dvd Brinca Vai!, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

    Ditos espectáculos terán lugar na Casa da Cultura e a celebración dos mesmos adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19 e o uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.

    Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.




    Adjuntos: