• 2020-10-06 09:15:52
    Cultura e Turismo

    Xa están aquí!

    Chegamos a unha das nosas datas sinaladas ao grande no calendario, onde os misterios e os sorrisos van da man polo concello de Touro. Tradición e vangarda, deste mundo e de calquera outro. As cativas e os cativos, as que non deixaron de selo e os que se negan a elo, temos unha semana de medo por diante!

    Comezamos cun obradoiro para PRINCIPIANTES na cociña do medo, outro adicado a moda outono-inverno 2020 e outro máis para coñecer ás tendencias na decoración, para rematar cos xa INICIADOS nas historias destes dous mundos cheos de segredos.

    E coma sempre, coas nosas mellores galas, teremos a nosa xuntanza anual na CASA DA CULTURA, onde as máscaras e as distancias de seguridade obrigatorias, non serán impedimento para gozar da música nesta gran NOITE DE SAMAIN.

    A mellor oportunidade de amosar os teus feiticeiros encantos no photocall social-media 2020. Seredes a envexa de todas as criaturas. As top das influencers!

    Ditos obradoiros terán lugar na Casa da Cultura e a celebración dos mesmos adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19 e o uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ás mesmas, así como a INSCRICIÓN para cada unha das actividades

    Debido ás medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.

    INSCRICIÓNS: cultura@concellodetouro.gal ou turismo@concellodetouro.gal ou no teléfono 981 81 45 66




    Adjuntos: