• 2020-10-15 10:16:46
    Concello

    Á vista da evolución da situación epidemiolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia e coa finalidade de controlar a transmisión da enfermidade, a Consellería de Sanidade vén de acordar limitar as xuntanzas en toda Galicia tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas excepto no caso de persoas convivintes, nos que non se aplicará esta limitación.
    Tampouco será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.
    O incumprimento desta medida poderá dar lugar á imposición das sancións e a outras responsabilidades previstas no ordenamento xurídico.

    https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/excepcional/2020/20201014/2456/Secciones1_gl.html