• 2020-10-21 12:45:47
    Cultura e Turismo

    Mmm…o gran reto da Feira da Castaña 2020 gozarase nas redes coas saborosas receitas de Touro.

    Nesta feira gastronómica non queda outra, hai que adaptarse á nova normalidade! E para que todas e todos degustemos os productos de outono de maneira virtual, en canto non nos metamos na cociña, dende o Concello convidámosvos a participar no reto Doces Caseiros.

    Un reto no que todas e todos poidamos exercitar as nosas boas artes culinarias.

    Compartide esas tradicionais receitas e as innovacións de cada unha das vosas cociñas. Avoas, avós, pais, nais e cativada, deixade saír a chef que levades dentro.

    Enviade as vosas imaxes das creacións culinarias ou un pequeño vídeo de 1minuto, do proceso de creación, aos correos electrónicos

    cultura@concellodetouro.gal
    turismo@concellodetouro.gal




    Adjuntos: