• 2020-12-05 17:07:28
    Cultura

    Onde? Pavillón, Fonte Díaz

    Cando? Venres 18 de decembro ás 17,30 horas

    Público? Infantil-Familiar

    Inscricións no 981 81 45 66 ou cultura@concellodetouro.gal

    Dende o lugar máis agochado do Courel chegan o Xigantón do Apalpador e máis a Apalpadora Xigante, dous títeres de máis de 3m de alto aos que acompañan Os Apalpadoriños, elfos rústicos e axudantes destes personaxes

    A celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19.

    O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.

    Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (17,30 h) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.




    Adjuntos: