• 2020-12-19 11:14:13
    Cultura

    Onde? Pavillón, Fonte Díaz

    Cando? Mércores 23 de decembro ás 17 horas

    Público? Infantil-Familiar

    Inscricións no 981 81 45 66 ou cultura@concellodetouro.gal

    Un conto para soñar con música para brincar de Cê Orquestra Pantasma.
    Ao son do seu enerxético ritmo, Cê Orquestra Pantasma pretende axudar a nenas e nenos a reivindicaren a confianza necesaria para satisfaceren as súas necesidades de liberdade, movemento e xogo libre; así pois, rapazada.... a voar!!

    A celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19.

    O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.

    Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (17h) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.




    Adjuntos: