Tódos o luns dos meses de maio, xuño, setembro e outubro
Horario de 20 a 21 horas
Anótate xa, terán preferencia os censados.
Inscrición nas oficinas municipais.
Acitivdade de balde
Máis información: 988 483 001
Tódos o luns dos meses de maio, xuño, setembro e outubro
Horario de 20 a 21 horas
Anótate xa, terán preferencia os censados.
Inscrición nas oficinas municipais.
Acitivdade de balde
Máis información: 988 483 001
22-Abril-2024 13:01
Deportes
Todos os xóves dos meses de maio, xuño, setembro e outubro.
Data de inicio o día 2 de MAIO.
Horario de 18:30 a 19:30 horas.
Anótate xa, terán preferencia os censados.
Máis información: 988 483 001
22-Abril-2024 12:09
Deportes
O Real Decreto 637/2021, do 27 de xullo, establece a normas básicas de ordenación das granxas avícolas de autoconsumo. Por tal motivo, todo aquel que dispoña dun galiñeiro, teñen a obriga de rexistralo no Servizo de Sanidade Animal da Xunta de Galicia.
A inscrición das explotacións de autoconsumo é obrigatoria e totalmente gratuita. O trámite esta aberto todo o ano, e pódese tramitar da seguinte maneira:
De forma presencial, cubrindo un formulario na Oficina da Agraria Comarcal en Ribadavia.De forma electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, trámite (MR501A). Neste caso deberá ter, certificado dixital ou a Chave 365, a cal pode solicitar no Centro de SaúdeNas dependencias Municipais en horario de oficinas de 9 a 13 horas, onde o persoal do Concello daralle asistencia na tramitación e presentación da documentación.
Cortegada, na data que figura ao marxe
Avelino Luis de Francisco Martínez
(Asinado dixitalmente)
26-Marzo-2024 12:23
Bandos / Notas informativas
Recordase que as de leiras rústicas e urbanas, que según establece a lexislación vixente, Lei 3/2007 da Xunta de Galicia de prevención e defensa contra incendios forestais, así como na Ordenanza Municipal reguladora la limpeza de terreos e soares e medidas preventivas contra incendios forestais. Os propietarios teñen a obriga de manter ditas parcelas libres de residuos e en condicións de hixiene, seguridade e ornato.
A limpeza total da maleza debe facerse antes do 31 de maio (artigo 22).
No suposto de incumprimento das obrigas por parte das persoas responsables, os entes locais poderán notificarlles a súa obriga de xestión de biomasa vexetal, advertíndolles da posibilidade de execución subsidiaria no caso de incumprimento e sen prexuizo da instrucción do procemento sancionador que corresponda e da aplicación das multas coercitivas, se é o caso.
Manter as nosas leiras limpas e libres de maleza, axudanos a protexernos ante un posible incendio. Cada área despexada e limpa é un paso cara a seguridade do noso municipio. “COLABORA”
O que se fai público para o coñecemento xeral.
21-Marzo-2024 11:45
Bandos / Notas informativas
Aqueles interesados, que non teñan o recibo domiciliado poderán facelo efectivo nas dependencias municipais do Concello, tódolos martes a partir do día 2 de abril de 9:00 a 13:00 horas ata o remate do período voluntario. Deberán acudir co recibo de aboamento).
Prazo de pagamento en voluntaria:
Dende o 25 de marzo ao 27 de maio, ambos inclusive.
18-Marzo-2024 13:52
Bandos / Notas informativas
I.V.T.M.
LIXO
SUMIDOIROS
ENTRADA DE VEHICULOS
Prazo de pagamento en voluntaria dende
25 de marzo ao 27 de maio.
Maís info:
https://www.cortegada.es/xestion_tributaria.html
12-Marzo-2024 12:37
Info General
Duración do contrato: 6 meses
Nº prazas: 4
Descrición: Peóns/Peoas de servizos múltiples
Prazo de presetación de solicitudes ata 11/03/2024
Bases da convocatoria:
https://cortegada.sedelectronica.es/
05-Marzo-2024 09:28
Empleo
Que o luns día 29 de ABRIL desprazarase ao Concello a Unidade Móbil da Policía para a renovación do DNI electrónico. Tódalas persoas que desexen renovalo deberán solicitar cita prevía no 988 483 001.
Primeira vez:
1. Unha fotografía tamaño carnet.
2. Certificado de empadroamento.
3. Certificado do Rexistro Civil do nacemento expedido para o DNI.
Renovación:
1. Unha fotografía tamaño carnet.
2. DNI anterior.
· Pódese renovar 6 meses antes de que caduque.
Variación de datos:
1. Unha fotografía tamaño carnet.
2. DNI anterior.
3. No caso de cambio de domicilio, certificado de empadroamento.
4. No caso de variación de datos de filiación, certificado do Rexistro Civil.
* Nota: A entrega do DNI será o xoves día 2 maio, e deberá vir o titular. Os menores de seis anos só teñen que vir o primeiro día.
Cita previa: 988 483 001
Prezo: 12,00 €
Familia numerosa: gratis, co documento identificativo en vigor
04-Marzo-2024 14:03
Info General
AVISO CORTE ABASTECEMENTO DE AUGA.
Corte programado do suministro de abastecemento de augas domiciliarias.
Hoxe venres día 12 de xaneiro.
Horario do corte: 15:00 a 19:00 horas
Afecta a todo o núcleo de Cortegada.
12-Enero-2024 09:27
Obras
Maña mércores día 25 de outubro, a partir das 8:00
horas, procederase ao corte programado do suministro de
auga potábel, co motivo da renovación da tubaxe da rede
de abastecemento municipal.
Rúas afectadas:
Rúa Fermín Bouza Brey dende o edificio nº 39,
dirección panadería.
Rúa do Regueiro
Os Chaos – Muiños (Rotonda)
24-Octubre-2023 14:19
Obras
O día 30 de OUTUBRO desprazarase ao Concello a Unidade Móbil da Policía para a renovación do DNI electrónico. Tódalas persoas que desexen renovalo deberán solicitar cita prevía no 988 483 001.
Primeira vez:
1. Unha fotografía tamaño carnet.
2. Certificado de empadroamento.
3. Certificado do Rexistro Civil do nacemento expedido para o DNI.
Renovación:
1. Unha fotografía tamaño carnet.
2. DNI anterior.
· Pódese renovar 6 meses antes de que caduque.
Variación de datos:
1. Unha fotografía tamaño carnet.
2. DNI anterior.
3. No caso de cambio de domicilio, certificado de empadroamento.
4. No caso de variación de datos de filiación, certificado do Rexistro Civil.
* Nota: A entrega do DNI será o xoves día 2 novembro, e deberá vir o titular. Os menores de seis anos só teñen que vir o primeiro día.
Cita previa: 988 483 001
Prezo: 12,00 €
Familia numerosa: gratis, co documento identificativo en vigor.
27-Septiembre-2023 11:26
Info General
Hoxe de 11:30 a 13:00 horas, horario aproximado.
Afectara aos núcleos de Cortegada e Louredo
Información facilitada por Naturgy.
14-Agosto-2023 10:59
Info General
Aqueles interesados, que non teñan o recibo domiciliado poderán facelo efectivo nas dependencias municipais do Concello, tódolos luns de 9:00 a 13:00 horas ata o remate do período voluntario. Deberán acudir co recibo de aboamento).
EXACCIÓNS ANO 2023
IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA
TAXA SOBRE RECOLLIDA DE LIXO
TAXA SOBRE SUMIDORIOS
TAXA SOBRE ENTRADA DE VEHÍCULOS
Prazo de pagamento en voluntaria:
Dende o 15 de marzo ao 15 de maio, ambos inclusive.
O que se fai público para o coñecemento xeral.
23-Marzo-2023 11:33
Bandos / Notas informativas
O día 2 de MAIO desprazarase ao Concello a Unidade Móbil da Policía para a renovación do DNI electrónico. Tódalas persoas que desexen renovalo deberán solicitar cita prevía.
Primeira vez:
1. Unha fotografía tamaño carnet.
2. Certificado de empadroamento.
3. Certificado do Rexistro Civil do nacemento expedido para o DNI.
Renovación:
1. Unha fotografía tamaño carnet.
2. DNI anterior.
Pódese renovar 6 meses antes de que caduque.
Variación de datos:
1. Unha fotografía tamaño carnet.
2. DNI anterior.
3. No caso de cambio de domicilio, certificado de empadroamento.
4. No caso de variación de datos de filiación, certificado do Rexistro Civil.
* Nota: A entrega do DNI será o martes día 9, e deberá vir o titular. Os menores de seis anos só teñen que vir o primeiro día.
Cita previa: 988 483 001
Prezo: 12,00 €
Familia numerosa: gratis, co documento identificativo en vigor.
20-Marzo-2023 11:42
Info General
Unha vez feita a inspección de predios, observouse a existencia de terreos en estado de abandono nos que proliferou vexetación espontánea, tales como herbas, matogueiras e silvas que, debido á calor propia da época, constitúen un evidente risco de incendio, ademais das condicións insalubres que xeran.
Para evitar situacións como as producidas en anos anteriores en Galicia, nas que se produciron numerosos incendios, cos consecuentes danos materiais e riscos para a seguridade das persoas, REQUÍRESE aos propietarios de terreos para que procedan con moita brevidade á realización de tarefas de limpeza, roza e retirada de restos vexetais das súas leiras, apelando, en primeiro lugar á conciencia cívica e responsabilidade de todos os veciños do municipio de Cortegada , sen esquecer que os propietarios de terreos están obrigados pola lexislación vixente a manter os seus bens inmobles , xa sexan terreos ou edificacións en condicións de salubridade, seguridade e ornato público.
En todas as leiras incluídas nunha franxa perimetral de 50 metros de anchura en torno ao núcleo urbano, pero tamén dentro do propio núcleo deberase acometer con carácter urxente a limpeza, realizando para iso as tarefas de roza e limpeza necesarias e retirando os restos vexetais destas leiras.
Corresponde ao Concello de Cortegada, o control do cumprimento das devanditas obrigacións, e no seu caso, requirir aos propietarios para a súa limpeza, podendo en caso de incumprimento efectuar de forma subsidiaria e á conta dos propietarios os labores de limpeza pertinentes, sen prexuízo das sancións a que houbese lugar.
16-Marzo-2023 13:42
Info General
O #DOG publica hoxe a convocatoria de axudas a entidades veciñais para este 2023
Investiranse 3M€ en:
Obras nos locais sociais
Reparacións nas traídas de auga
Compra de equipamento
Case 16M€ en máis de 1.300 proxectos nos últimos anos
https://www.xunta.gal/.../xunta-destina-3-axudas...
18-Enero-2023 14:11
Info General
A Xunta de Galicia activa unha nova convocatoria do Galicia Renova Electrodomésticos con axudas de entre 100 e 450 euros
Os establecementos que queiran participar neste programa poden inscribirse a partir de hoxe e ata o 30 de xuño
Os particulares poderán solicitar as axudas a partir do 8 de febreiro
https://www.inega.gal/.../2023/ficha_aforro2023_0001.html
18-Enero-2023 14:10
Info General
¿Como pido cita?
Pode solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
¿Qué servizos se prestan?
Servizo de podoloxía:
Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
Servizo de audioloxía:
Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
Servizo de estimulación da memoria:
Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
¿A quen vai dirixido?
Destes servizos poderán beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto.
18-Enero-2023 14:08
Info General
Ata 3.000 euros para rematar co 'feismo' urbanístico.
¿Que actuacións son subvencionables?
Revestir e pintar fachadas actualmente rematadas en ladrillo, bloque de formigón, formigón ou morteiro de cemento.
Remate, renovación ou substitución de cubertas.
Remate ou renovación de cubertas de 'uralita' para colocar tella cerámica/lousa.
Recuperación, restauración ou revestimento de muros de peche.
Recuperación, restauración ou arranxo de muros de pedra tradicional para evitar a súa perda.
Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes
Se precisades máis información ou axuda na tramitación podedes pasarvos polas oficinas do Concello. Estamos para axudar!
https://www.xunta.gal/.../AnuncioG0192-121222-0003_gl.html
18-Enero-2023 14:06
Info General
DON AVELINO LUIS DE FRANCISCO MARTÍNEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CORTEGADA (OURENSE).
FAGO SABER QUE:
Resoltas as incidencias na ZA abastecemento do Carballal, na cal se procedeu a limpeza do depósito e da rede de abastecemento de Cortegada, dende o martes día 11/10/2022, esta xa é APTA para o consumo.
Por tal motivo, comunícase aos veciños a volta a normalidade.
Agradecemos a colaboración de tódolos veciños.
O Alcalde
Asdo. Avelino Luis de Francisco Martínez
ASINADO ELECTRONICAMENTE (Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público)
11-Octubre-2022 14:41
Info General
MAÑA, DÍA 11, A PARTIR AS 8️⃣:0️⃣0️⃣ HORAS.
👉🏻 Zona afectada, núcleo de Cortegada.
Motivo: Limpeza de depósito ZA Carballal.
Traballamos para restablecer o servizo o máis axiña posible. Grazas pola colaboración
10-Octubre-2022 21:57
Info General
DON AVELINO LUIS DE FRANCISCO MARTÍNEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CORTEGADA (OURENSE).
FAGO SEBER QUE:
Ponse en coñecemento de toda a poboación do núcleo de Cortegada, que debido a problemas surxidos na infraestrutura do abastecemento de augas domiciliarias, a auga sae con turbidez.
Polo que se roga non empregar a auga para o consumo humano (beber), podéndoa empregar para lavar ou comer alimentos, así como para o uso hixiénico sanitario (aseo e limpeza). A auga pódese empregar para os usos habituais a excepción para beber.
No momento que se restableza a infraestrutura, comunicarase a restitución do subministro para consumo humano.
Avelino Luis de Francisco Martínez
(Asinado electrónicamente)
10-Octubre-2022 14:19
Info General
🔴 AVISO DE CORTE ABASTECEMENTO DE AUGA EN CORTEGADA POR REPARACIÓN DE AVERÍA
RÚAS AFECTADAS
👉🏻 O REGUEIRO
👉🏻 OS CHAOS
👉🏻 BOUZA BREY (TRAMO FARMACIA - REGUEIRO)
HORARIO DE CORTE
⏰ DE 16:30 A 19:00 HORAS DE HOXE
19-Septiembre-2022 15:59
Obras
Compartimos.- Subvencións para inversións en equipamientos post Covid dos establecementos hoteleiros.
Enlace web: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TU503E
TU503E - Subvencións para investimentos en equipamentos post Covid dos establecementos hosteleiros financiadas ao 100% no marco do Eixe REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.
04-Julio-2022 12:15
Info General
O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca subvencións do Programa de bono alugueiro mocidade para facilitar o goce dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos.
Enlace web:
http://xuventude.xunta.es/.../23640-bono-alugueiro-mocidade
30-Junio-2022 09:20
Info General
