Prazo de inscrición nas Casas Niño Axóuxere e Ruxerruxe para o vindeiro curso 22-23 ata o 20 de Xullo.
Os interesados poderán pasarse por calquera das dúas casas niños ou chamar a:
Olaia: 617540904
Tamara: 637066636
Prazo de inscrición nas Casas Niño Axóuxere e Ruxerruxe para o vindeiro curso 22-23 ata o 20 de Xullo.
Os interesados poderán pasarse por calquera das dúas casas niños ou chamar a:
Olaia: 617540904
Tamara: 637066636
22-Junio-2022 08:48
Info General
DÍA: Venres 24 de xuño
HORA ACTUACÍÓN: 21:30 horas
OBRA: A pequena gran inventora
LUGAR: Plaza Buenos Aires en Cortegada
Sinopse
A Laura encántalle inventar cousas. Por casualidade, crea unha piña que fala! Coa axuda da súa nova amiga vivirá aventuras incribles cheas de pompas, música, bailes… Aínda que Laura é pequena, é unha gran inventora; pero para que as súas creacións funcionen… necesitamos a vosa axuda!
21-Junio-2022 09:11
Cultura
IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES E DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS do ano 2022
Prazo de cobro en volunaria durante o periódo comprendido entre os días 4 de xullo e o 5 de setembro, ambos inclusive.
21-Junio-2022 09:07
Info General
Recordatorio.-
Este próximo lúns día 20, REMATA o prazo de inscrición para o Campamento de Verán.
17-Junio-2022 14:14
Info General
Axudas ás microempresas e pemes que realicen actividades de innovación que poidan levarse a cabo de maneira inmediata a través da contratación de servizos profesionais externos aos axentes de innovación para acadar un salto cualitativo e cuantitativo na súa actividade de I+D+i a curto prazo e repercutan directamente na capacidade para dar resposta aos retos actuais das empresas a través da innovación.
Máis info:
http://gain.xunta.gal/repo/5-Bonos_Innovacion_dunha_ollada.pdf
09-Junio-2022 13:51
Info General
A finalidade destas axudas é proporcionar apoio económico a aquelas familias nas que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar, para contribuír a atender as necesidades extraordinarias que sobreveñen. E unha axuda económica para as familias destinada a colaborar cos gastos derivados do nacemento, adopción ou garda con fins adoptivos dun neno/a.
PRAZO
Dende o 29 de maio ao 29 de agosto de 2022
TRAMITAR EN:
https://www.cortegada.es/servizos_benestar_nacementos.html
08-Junio-2022 08:57
Servicios Sociales
O teu verán, en Cortegada.
PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O DÍA 20 DE XUÑO.
Prazas limitadas, tendo preferencia os empadroados no Concello ou matriculados no C.E.I.P. Otero Novas
Idade: 3 a 12 anos
Data: 1 de xullo ao 5 de agosto
Horario: 10:00 a 13:00 horas
Lugar: Centro Multiusos
AS SOLICITUDES PRESENTARANSE NAS OFICINAS DO CONCELLO
PREZO: 15 €
NON EMPADROADOS: 50 €
POR SEGUNDO OU MÁIS IRMÁNS
(DESCONTO DO 25%)
PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O DÍA 20 DE XUÑO
Prazas limitadas, tendo preferencia os empadroados no Concello.
08-Junio-2022 08:49
Actividades infantiles
A Xunta abre o prazo para que os cidadáns poidan acceder a préstamos sen xuros para rehabilitar vivendas.
Tras a publicación da convocatoria destas axudas para a anualidade 2022, as persoas e comunidades de propietarios interesadas poderán presentar as súas solicitudes desde hoxe e ata o vindeiro 1 de setembro.
https://www.xunta.gal/.../AnuncioC3Q2-120522-0001_gl.html
08-Junio-2022 08:44
Info General
CITA PREVIA A PARTIR DO 13 DE XUÑO.
¿Como pido cita?
Pode solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283 - 623 546 992 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal
¿Qué servizos se prestan?
Servizo de podoloxía:
Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
Servizo de audioloxía:
Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
Servizo de estimulación da memoria:
Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.
¿A quen vai dirixido?
Destes servizos poderán beneficiarse todas as persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto.
03-Junio-2022 14:08
Info General
Según os datos oficiais recibidos hoxe por parte da Consellería de Sanidade, Cortegada ten 2 casos activos de COVID-19, 1 máis ca onte. Rógase a veciñanza extremar a medidas de prevención e protección.
29-Noviembre-2021 14:07
Info General
Co motivo dos traballos que se están realizando na rede de abastecemento de auga, e preciso cortar a subministración. Dito corte, terá lugar hoxe día 24 de novembro entre ás 15:00 e as 18:00 horas. Este corte afectará ao núcleo de Cortegada.
24-Noviembre-2021 09:22
Info General
COMUNICAMOS A TODOS OS VECIÑOS E VECIÑAS DE CORTEGADA DUNHA AVERÍA NA QUE A TUBAXE XERAL QUE ABASTECE A REDE MUNICIPAL ROMPEU Á SÚA SAÍDA DESDE O DEPÓSITO DA TAPADA.
NON PODEMOS TER PREVISIÓN DO RESTABLECEMENTO DO SERVIZO, OS OPERARIOS ESTAN A FACER O MÁXIMO ESFORZO DE REPARALO CANTO ANTES.
MANTEREMOSVOS INFORMADOS, PERDOADE AS MOLESTIAS QUE SABEMOS QUE OCASIONA.
16-Noviembre-2021 09:47
Info General
Conforme aos datos facilitados no día de hoxe por parte da Área Sanitaria de Ourense, Cortegada ten 7 casos activos de COVID19, 1 menos ca onte.
23-Abril-2021 13:22
Info General
Actualización dos niveis de restricións
Máximo: Carballeda de Valdeorras, Cualedro, A Pobra do Caramiñal, O Grove e Vilanova de Arousa.
Alto: Lobeira, Muiños, Petín, O Barco de Valdeorras, Meira, Ribeira, Cambre, Marín, Meis, Meaño, Ribadumia e Ponteareas.
Medio: Cartelle, Lobios, CORTEGADA, Padrenda, Verín, Chantada, Boiro, Rianxo, Carnota, Carral, Catoira, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Poio, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, Vigo, Trabada e Barreiros.
NIVEL MEDIO: Interiror 30% - Terrazas 50%
Medio-baixo: concellos restantes
En vigor ás 00,00 h do luns, 26 de abril
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/57380/sanidade-establece-nivel-maximo-restricions-nos-concellos-carballeda-valdeorras?fbclid=IwAR2b7azL9HakJxHxyn9X4wz_zXFnMmxGkcoWwDFpqw5P9xqveo-wQ33A3zk
23-Abril-2021 13:21
Info General
Actuacións subvencionables:
- Tratamento de paredes medianeiras vistas
- Revestimento e pintado de fachadas rematadas en ladrillo cerámico ou bloque de formigón sen revestir.
- Renovación do acabamento exterior das fachadas de edificacións
- Remate exterior de cubertas realizadas con pranchas de fibrocemento.
- Acondicionamento e mellora de peches de predios de gran dimensión
- Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con bloques de formigón
- Substitución de celosías e outros tipos semellantes de pezas prefabricadas de cerámica ou de formigón.
O importe da subvención será do 70% do orzamento subvencionable, co límite máximo de 3.000 euros.
Axudas de concorrencia non competitiva
Prazo de presentación: ata o 31 de maio de 2021
14-Abril-2021 12:25
Info General
Conforme aos datos facilitados no día de hoxe por parte da Área Sanitaria de Ourense, Cortegada segue con 4 casos activos de COVID19, 1 menos ca onte.
05-Abril-2021 11:14
Info General
Axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021. VI432A
https://desenvolvementocortegada.blogspot.com/2021/03/axudas-ao-alugamento-de-vivenda-do-plan.html?f...
30-Marzo-2021 14:20
Info General
Prazo solicitude de adhesión de entidades colaboradoras: desde as 9:00 h do 30 de marzo de 2021 ao 30 de xuño de 2021 (artigo 4.4).
Inicio prazo de solicitude axudas: 9:00 h do 20 de abril de 2021 (artigo 4.5).
Finalización prazo de solicitude: 30 de setembro de 2021 ou ata esgotar fondos.
http://www.inega.gal/subvencions/subvencions/aforro/2021/ficha_aforro2021_0003.html?idioma=gl
29-Marzo-2021 10:36
Info General
A partir de hoxe pódese solicitar de novo os permisos para realizar queimas de restos agrícolas e forestais amoreados.
25-Marzo-2021 13:47
Info General
Sábado 27 de marzo, de 9:00h a 14:00h en el Pabellón de deportes de Cortegada, habrá un cribado de 400 personas de los ayuntamientos de CORTEGADA, PUENTEDEVA E PADRENDA.
Serán citadas por medio de la Seguridad Social con un SMS en el móvil, todas las personas desde 18 a 45 años.
Pedimos colaboración y que acudan todas las personas citadas por móvil, donde le indicaran la hora que tienen que acudir y así evitando aglomeraciones y siempre respetando las normas de seguridad.
ATENCIÓN:
Solo serán atendidas las personas citadas por móvil.
25-Marzo-2021 13:38
Info General
Conforme aos datos facilitados no día de hoxe por parte da Área Sanitaria de Ourense, Cortegada conta con 5 casos activos de COVID-19 un caso máis ca onte.
24-Marzo-2021 12:13
Info General
Conforme aos datos facilitados no día de hoxe por parte da Área Sanitaria de Ourense, Cortegada conta con 4 casos activos de COVID19.
22-Marzo-2021 13:11
Info General
Medio Rural prohibe dende mañá as queimas agrícolas e forestais de particulares debido ás condicións meteorolóxicas.
A partires das 00,00 horas de mañá, venres, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia, quedando excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais (SPDCIF) debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos. Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez dende o momento da prohibición.
https://mediorural.xunta.gal/gl/recursos/novas/nova?time=03182021023152&id=nova_estandar56344.ht...
18-Marzo-2021 14:38
Info General
INFORMACIÓN COVID
Medidas anunciadas polo Comité Clínico para os vindeiros días. Antes dos festivos de Semana Santa estas medidas serán revisadas.
📉 Galicia avanza con prudencia no proceso de apertura para evitar un novo repunte de contaxios
🩺 O comité clínico acordou novas medidas que entrarán en vigor ás 00,00 h do venres 19 e se revisarán antes de Semana Santa
Fíxanse 4️⃣ niveis en función da incidencia
Novidades ⬇
🔴 Concellos cunha incidencia acumulada a 14 días por riba de 500 casos
🍽️ Hostalaría seguirá pechada
👥 Só reunións de conviventes
⭕ Mobilidade restrinxida ao concello
▶️ 3 municipios: Vilardevós, Paradela e Maside
🟠 Concellos cunha incidencia entre 250 e 500
🍽️ Hostalería: só terrazas cunha capacidade do 50% e amplía o seu horario ata as 21,00 h
▶️ 6 municipios: Sobrado, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo
🟡 Concellos con incidencia entre 150 e 250 a 14 días
🍽️ Hostalería: 30% interior, 50 % terrazas e horario ata as 21,00 h
▶️ 14 municipios: Boimorto, A Coruña, Culleredo, Mugardos, Ponteceso, Valdoviño, Bergondo, Laxe, Chantada, Guitiriz, Pantón, Sober, Soutomaior e Coles
🟢 Concellos con incidencia inferior a 150
🍽️ Hostalería: increméntase a capacidade do 30 ao 50% no interior, e do 50 ao 75% nas terrazas. O horario amplíase ata as 21,00 h
▶️ 290 municipios restantes
Xerais ⬇️
🤾♂️ Instalacións deportivas, culturais e lugares de culto: incidencia entre 150 e 250, 30%; inferior a 150, 50%
⭕ Galicia: pechada perimetralmente
🕙 Toque de queda: 22,00 h
👥 Máx. 6 persoas exterior, 4 interior e prohibido non conviventes en domicilios
https://www.facebook.com/106930649328273/posts/4035723143115651/
17-Marzo-2021 18:18
Info General
COVID-19 12/03/2021.
Conforme aos datos facilitados no día de hoxe por parte da Área Sanitaria de Ourense, Cortegada conta con 0 casos activos de COVID19.
12-Marzo-2021 14:30
Info General
