Aquí vos deixamos a programaciòn deportiva desta fin de semana.
Aquí vos deixamos a programaciòn deportiva desta fin de semana.
09-Noviembre-2018 12:29
Deportes
Este domingo gozaremos dunha nova ediciòn do Festival de Corais , organizado pola Asociaciòn de Pensionistas de Pazos de Borbén.
06-Noviembre-2018 13:51
Cultura e Ocio
Alerta laranxa (risco importante), por choiva e vento, e no interior, aviso amarelo por fortes precipitacións e ventadas para a tarde de hoxe. http://www.axega112.org/gl/alertas_activas
06-Noviembre-2018 13:42
Noticias
Convocamos a todos aqueles veciños e veciñas aos que lles interese a nosa historia a comparecer no Auditorio do Concello o próximo Xoves 8 de novembro ás 13:00 horas. Ese día Iniciamos o Ciclo "Encontro con autores" con Rafa Quintía que nos ofrecerá a conferencia titulada "VIAXE POLA HISTORIA DE GALICIA A TRAVÉS DO PATRIMONIO DE PAZOS DE BORBÉN", nun encontro que se celebrará o día 8 de novembro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello, baseada nos seus estudos e investigacións plasmadas nas súas obras literarias. Rafael Quintía, investigador, formador e divulgador nos campos da antropoloxía, conta con numerosas obras que fan referencia á Historia de Galicia e ao seu patrimonio, tomará neste "encontro" como fío conductor o patrimonio (material e inmaterial) do Concello de Pazos de Borbén. Dende o neolítico ata a Idade Media, ou igual algo máis. Falaranos do megalitismo e os túmulos, da idade do bronce e dos petróglifos, falaranos da idade do ferro e dos castros, da cristianización de "Gallaecia" e do papel dos santos e das parroquias, e tocaremos na idade media á familia de "Gómez de Pazos de Probén". Tamén irá contando cousas relacionadas co patrimonio vencellado a todos estes xacementos do pasado.
06-Noviembre-2018 12:34
Cultura e Ocio
O próximo venres día 9 continúa o 3º Ciclo de Tradición Oral "Falar por Falar" de Pazos de Borbén coa actuación de Avelino Gonzalez ás 13:30 e ás 20:00 horas. Esperámosvos!!! https://bibliopazos.blogspot.com/2018/11/actuacion-de-avelino-gonzalez-no-3.html?spref=fb&m=1
06-Noviembre-2018 12:30
Cultura e Ocio
Curso de defensa persoal e autocapacidades para mulleres maiores de 16 anos. Inscripcións na oficina de servizos sociais do Concello ata o venres 23 de novembro
06-Noviembre-2018 12:24
Servizos
Seguimos coas actividades na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos. A próxima é o OBRADOIRO DE RELATO CURTO que impartirá a escritora Eli Rios aos alumnos e alumnas de educación secundaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos os príximos días 5 e 6 de novembro (Luns e Martes). A literatura é algo sacro? Quen pode escribir? O relato curto é para min? O obradoiro tratará de que lle podamos dar resposta a estas preguntas tentando establecer unha relación coas redes sociais e os medios visuais para así facer unha primeira achega a técnica usada no relato breve. https://bibliopazos.blogspot.com/2018/10/obradoiro-de-relato-curto-con-eli-rios.html?spref=fb&m=1
04-Noviembre-2018 14:17
Cultura e Ocio
Queremos dar a noraboa a nosa biblioteca , en especial a Jose Manuel Soto Virulegio e María Teresa Cendòn Barral ,polo seu gran traballo. Deixàmosvos aquí a nota emitida dende a biblioteca. Hoxe estamos contentísimos e moi emocionados na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos xa que por segundo ano consecutivo voltamos a ser unha das bibliotecas seleccionadas pola Comisión de Valoración da XIX Campaña de Animación á Lectura María Moliner como beneficiaria dun dos premios de animación á lectura que concede anualmente o Ministerio de Cultura e Deporte. A Campaña de Animación á lectura "María Moliner" que se celebra a nivel nacional está convocada polo Ministerio de Cultura, a Fundación Coca Cola e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). O proxecto presentado esta ano pola biblioteca foi o de “Mulleres, ciencia, patrimonio e tradición” e comprende todas actividades realizadas ata o momento e as que se realizarán ata fin de ano. Os seleccionados recibiremos un premio en metálico de 1.706 euros, financiado por Ministerio de Cultura e Deporte, que será destinado á compra de libros para a biblioteca. Grazas a todas aquelas persoas e institucións que fixeron posible co seu apoio e colaboración que recibamos este premio por segundo ano. Uxía Porritt Lueiro Lorena Martínez Rodríguez Isabel Fragueiro Tere CB e moitísimas máis que agora neste momento estou esquecendo. Concello de Pazos de Borbén CPI "Curros Enríquez" de Pazos de Borbén Asociación Aspavi Deputación Pontevedra Fundación Filomena Rivero Alonso Xunta de Galicia ABANCA. Mil grazas a todos e todas.
02-Noviembre-2018 12:25
Cultura e Ocio
Non vos esquezades. Hoxe comenza o 3º Ciclo de Tradición Oral "Falar por Falar" de Pazos de Borbén coas actuacións de ISI TVG ÁS 13:30 e ás 20:00 horas. Esperámosvos!!! https://bibliopazos.blogspot.com/2018/10/3-ciclo-de-tradicion-oral-con-isi.html?spref=fb&m=1
02-Noviembre-2018 12:16
Cultura e Ocio
Aquí vos deixamos a programaciòn deportiva para esta fin de semana.
02-Noviembre-2018 12:06
Deportes
Xa dispoñemos de 25 composteiros máis, están a dispodiciòn dos veciños ata fin de existencias
02-Noviembre-2018 12:05
Info Xeral
O próximo venres 2 de Novembro de 2018 estará con nos Isi, cos seus espectáculos: Ás 13:30 horas estará cos rapaces da ESO do CPI Curros Enríquez de Pazos coa seu espectáculo "Hai que ler máis". "A través do humor e a reflexión explicará aos rapaces e rapazas a importancia da lectura, intentando fomentar así a súa afección e o amor polos libros". Ás 20:00 horas volverá estar, desta vez co público xuvenil e adulto que o desexe para asistir ao seu show "Contos e anécdotas" "Humor branco, onde Isi conta varias anécdotas persoais do seu día a día, sobre amigos e familia, así como tamén das súas tres nais tan coñecidas e simpáticas. Todas estas historias veñen cun ritmo frenético onde o espectador só terá uns poucos segundos para respirar entre tanta risa, saíndo así da actuación, cheo de satisfacción e alegría. Todo isto coa característica retranca galega e realzando a súa amada Galicia." ISI TVG https://bibliopazos.blogspot.com/2018/10/3-ciclo-de-tradicion-oral-con-isi.html?spref=fb&m=1
31-Octubre-2018 12:26
Cultura e Ocio
A unidade móbil para doazón de sangue situada ao carón do colexio público Curros Enríquez. Hoxe, día 30/10/2018 de 16:00 a 21:00horas
30-Octubre-2018 14:17
Servizos
Aquí vos deixamos os partifos dos nosos equipos para esta fin de semana.
26-Octubre-2018 12:54
Deportes
Este sábado festa en Moscoso , na honra da Inmaculada Concepciòn, os Dolores e a Esperanza.
26-Octubre-2018 11:41
Festexos
Hoxe inauguramos a exposición sobre a vaga de lumes que realizaron os alumnos do Curros Enríquez , para concienciar a veciñanza no respeto o medio ambiente Está exposta dende hoxe no vestíbulo do concello , animádevos a botarlle un ollo. . Noraboa rapaces!!!
25-Octubre-2018 18:22
Noticias
Aberto o prazo de presentaciòn de subvenciòns para compra de vivenda en concellos de menos de 5000 habitantes, as axudas están destinadas a moz@s menores de 35 anos. Máis info : https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181016/AnuncioC3Q2-081018-0001_gl.html
25-Octubre-2018 10:48
Noticias
CAMPAÑA DE VACINACIÓN DA GRIPE 2018 A Consellería de Sanidade informa que o 22 de outubro comezou a campaña de vacinación da gripe e que se estenderá ata o 28 de decembro. Portal de información: https://gripe.sergas.gal/
25-Octubre-2018 10:38
Servizos
Aquí vos deixamos a acta da selecciòn do obradoiro de emprego "Río Pequeno". http://www.pazosdeborben.org/pdb/index.php/es/pleno/actas-pleno/doc_download/546-seleccion-alumnado-obradoiro-de-emprego-rio-pequeno
24-Octubre-2018 12:52
Emprego
3º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "Falar por falar" TODOS OS VENRES DE NOVEMBRO no AUDITORIO DO CONCELLO de PAZOS DE BORBÉN Un ano máis o Concello de Pazos de Borbén a través da Concellería de Cultura e da Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS" celebrará o Mes da Tradición Oral patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra con actuacións a cargo dos mellores contadores de historias de Galicia. Este ano os escollidos son ISI TVG, Avelino Gonzalez, Quico Cadaval, Paula Carballeira Cabana e Cándido Pazó González... https://bibliopazos.blogspot.com/2018/10/3-ciclo-de-tradicion-oral-falar-por.html?spref=fb&m=1
23-Octubre-2018 12:12
Cultura e Ocio
A exposición de "Achegas das mulleres a sustentabilidade do mar" chega ao vestíbulo do Concello do 30 de outubro ao 19 de novembro
22-Octubre-2018 11:51
Cultura e Ocio
Programa "Xuntos polo Nadal" Se es maior, e estás so/soa no Nadal, podes pasar estas datas acompañado/a Máis información na oficina de servizos sociais do Concello
22-Octubre-2018 11:41
Servizos
Aquí vos deixamos a programaciòn deportiva para esta fin de semana
19-Octubre-2018 13:05
Deportes
Este sábado disfrutaremos da festa na honra de Santa Teresa en Nespereira
19-Octubre-2018 13:01
Festexos
Dende a Asociación de veciños de Amoedo pídennos que compartamos este cartel de demostración de ioga de balde
17-Octubre-2018 12:22
Deportes