Aquí vos deixamos os partidos dos nosos equipos para esta fin de semana.
Aquí vos deixamos os partidos dos nosos equipos para esta fin de semana.
29-Marzo-2019 11:53
Deportes
O vindeiro 7 de abril ás 19:00H no salón de actos do Concello festexaremos a chegada da primavera, na que formarán parte dúas corais, un grupo de pandereteiras e o grupo Árdelle o eixo
29-Marzo-2019 11:14
Festexos
Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para "CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS PRÍNCIPE FELIPE" Máis información na oficina de OMIX do Concello ou no seguinte enlace: https://www.depo.gal/web/edepo/campamentos-polideportivos
29-Marzo-2019 11:09
Noticias
Dende hoxe luns quedan prohibidas as queimas agrícolas e forestais. https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/38594/medio-rural-prohibe-desde-mana-queimas-agricolas-forestais-debido-condicions?langId=gl_ES
25-Marzo-2019 11:14
Noticias
Aquí vos deixamos os partidos dos nosos equipos para esta fin de semana.
22-Marzo-2019 10:41
Deportes
Dende o Concello de Pazos de Borbén queremos agradecer a tòdalas persoas que se acercaron a Pazos a disfrutar da XVIII Festa da Cacheira, unha das máis concorridas que se lembran. Un éxito e unha ledicia para todos , que non podería saír adiante sen a dedicación dos nosos hostaleiros. Vaia para eles o noso agradecemento por un traballo e unha profesionalidade inigualable. Gracias por facer desta celebración un orgullo para todos.
22-Marzo-2019 10:08
Festexos
Aquí vos deixamos a programaciòn de partidos dos nosos equipos para esta fin de semana.
15-Marzo-2019 12:52
Deportes
O vindeiro luns 18 a biblioteca permanecerá pechada.
15-Marzo-2019 12:48
Horarios
Recordade que mańá xoves pecha o prazo para anotarse na II Xuntanza de Pensionistas.
13-Marzo-2019 21:18
Festexos
E finalizamos a programación de actividades educativo-culturais de animación á lectura do mes de marzo o próximo venres día 15 de marzo no Auditorio do Concello ás 13:00 horas, co espectáculo "CONTOS DE LILITH" a cargo da contadora galega CRIS DE CALDAS. Este espectáculo tamén forma parte da programación da VII edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA. que se celebra do 12 ao 23 de marzo en toda Galicia e no que participan, ademais do Concello de Pazos de Borbén, os concellos de Santiago e Compostela, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, A Fonsagrada, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Coruña, Ourense, Vigo, Rianxo, Brión e Cuntis. "Lilith foi a primeira muller de conto e merece ser coñecida a súa historia. Ao seu lado estará Pepa a Loba e outras bravas mulleres. Unha sesión de contacontos de igualdade." Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra. Convidámosvos a participar das actividades de BIBLIOPAZOS. Mas información no blog e redes sociais da Biblioteca ou chamando ao teléfono 986 497 273.
13-Marzo-2019 14:30
Cultura e Ocio
Seguimos coa programación educativo-cultural de animación á lectura o mércores 13 de marzo ás 13:00 horas no Auditorio do Concello co espectáculo en portugués "CONTOS DA ILHA" a cargo da contadora SOFÍA MAUL, procedente da illa de Madeira (Portugal). "CONTOS DA ILHA" forma parte da programación da VII edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA que se celebrará do 12 ao 23 de marzo en toda Galicia e no que participan, ademáis do Concello de Pazos de Borbén, os concellos de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, A Fonsagrada, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Coruña, Ourense, Vigo, Rianxo, Brión e Cuntis. "Un espectáculo de narración oral con histórias e lendas da pequena ilha de Madeira (Portugal), por onde passaram tantos navegantes e exploradores atlânticos para buscar água, vinho e fruta e deixar histórias, relatos e mistérios." Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra. Convidámosvos a participar das actividades de BIBLIOPAZOS. Mais información no blog e redes sociais da biblioteca ou chamando ao teléfono 986 497 273.
11-Marzo-2019 14:30
Cultura e Ocio
Outro ano máis e con ocasión da celebración o próximo día 2 de abril do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a OEPLI e as súas seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Catalá del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e a Asociación de Literatura Infantil y Juvennil Galtzagorri elkartea, co patrocinio do Ministerio de Cultura e Deporte, convocan o concurso: "SELFIE LIX 2019" PARA PARTICIPAR: Poden participar todos os lectores e lectoras que estean a cursar Primaria ou o primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou desde a biblioteca: -Escoller unha ilustración dun personaxe ou unha escena da literatura infantil e xuvenil. -Facer unha fotografía que recree o personaxe ou a escena escollida. -Presentar a fotografía xunto co fragmento ou a ilustración que a inspira, indicando o título do libro ao que pertence. En todos os traballos deberán constar os datos de identificación dos seus respectivos autores: Nome e apelidos, idade, ano de nacemento e curso escolar; así como tamén o nome do/a profesor/a ou biblitoecario/a, e o nome, o enderezo, e o teléfono do centro cun correo electrónico de contacto; e tamén a autorización do/a pai/nai ou titor para a reprodución da/das fotografías nas redes sociais. PRAZO DE ENTREGA DOS TRABALLOS: Na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén ata o día 5 de abril ás 14:00 horas. Mais información no blog e redes sociais da Biblioteca ou chamando ao teléfono 986 497 273.
11-Marzo-2019 11:00
Cultura e Ocio
Continuando coa programación educativo-cultural de animación á lectura que patrocina a Deputación Provincial de Pontevedra temos preparado para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER a actividade "RAPAZAS DE CONTO" que levará a cabo a actriz, ilustradora e contadora MARISA IRIMIA e terá lugar na Sala de Lectura de BIBLIOPAZOS mañá luns 11 de Marzo en dúas sesións. Haberá unha primeira sesión ás 11:00 para os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os usuarios da Asociación ASPAVI; e outra segunda ás 13:00 horas na que participarán os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos. "RAPAZAS DE CONTO" é un espectáculo de narración oral para rapazas e rapaces onde o eixo principal consitúeno historias onde as rapazas desenvolven un papel activo, como base para unha aprendizaxe do respecto e a igualdade, favorecendo a busca de novos referentes, co fin de reforzar unha educación que potencie e permita unha convivencia sen discriminación por razón de xénero; e todo iso mentres gozan da musicalidade e a maxia das palabras. Atoparémonos con rapazas que capitanean perigosos barcos piratas..., rapazas que pilotan naves espaciais..., nenas e nenos que viven emocionantes aventuras, que xogan, elas e eles, un papel activo en mil e unha andanzas. Convidámosvos a participar nas actividades de BIBLIOPAZOS. Inscrición previa na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273
10-Marzo-2019 18:47
Cultura e Ocio
Aquí vos deixamos os partidos dos nosos equipos para esta fin de ssmana.
08-Marzo-2019 12:42
Deportes
Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para DEPO AVENTURA "A Lanzada". Máis información na oficina de OMIX do Concello ou no seguinte enlace. https://www.depo.gal/web/edepo/depo-aventura
07-Marzo-2019 13:45
Noticias
Xa temos aquí o cartel da XVIII Festa da Cacheira que se celebrará o vindeiro domingo 17 de marzo.
07-Marzo-2019 13:44
Festexos
O concello de Pazos de Borbén fai pública a ordenanza para o impulso social da lingua galega no concello . Podes consultar o contido íntegro na ligazón! https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2019/03/05/2019009052
05-Marzo-2019 18:28
Noticias
O vindeiro sábado 16 de marzo a partir das 16:00 celebraremos a II Xuntanza de pensionistas de Pazos de Borbén ,onde haberá xogos de mesa e o finalizar a xornada pinchos e música en directo. Obrigatoria inscriciòn previa ata o xoves 14 de marzo nos teléfonos 986497035 e 687585653 ,ou ben presencialmente na oficina da OMIX do concello de 9 a 14 horas,e no local da Asociaciòn de Pensionistas(Amoedo) en horario de tarde.
05-Marzo-2019 11:49
Festexos
Xa están a disposición de quen as desexe as fotos do entroido infantil que se celebrou o pasado sábado. Poderán recollerse na oficina OMIX do Concello en horario de 09:00 a 14:00H
04-Marzo-2019 14:22
Info Xeral
Recordamos que mañá celebrarase o entroido no pavillón municipal a partir das 17:00H. Haberá sorpresas , hinchables e chocolate o final da festa
01-Marzo-2019 13:35
Festexos
Programación deportiva desta fin de semana
01-Marzo-2019 13:28
Deportes
Abrese o prazo para presentar solicitudes a DEPOTERMAL. A presentación de solicitudes pode facerse dende o 28 de febreiro ata o 29 de marzo na oficina de servizos sociais do Concello
28-Febrero-2019 13:51
Cultura e Ocio
O vindeiro 2 de marzo o Concello de Pazos de Borbén celebra o entroido cunha Festa infantil. ¡Acudide disfrazados, xa que vai haber sorpresas para os asistentes!
22-Febrero-2019 12:19
Festexos
Programaciòn dos partidos dos nosos equipos para esta fin de semana.
22-Febrero-2019 11:09
Deportes
Este sábado ás 12 da mańán celebrarsse o pleno ordinario correspondente ao mes de febreiro.
22-Febrero-2019 10:58
Horarios