Programación deportiva desta fin de semana
Programación deportiva desta fin de semana
18-Octubre-2019 11:40
Deportes
Este sábado Nespereira honra a Santa Teresa cun gran día de festa.
18-Octubre-2019 11:37
Festexos
Este sábado Moscoso honra a Inmaculada Concepciòn , òs Dolores e á Esperanza cun gran día de festa!
18-Octubre-2019 11:36
Festexos
O luns 21 de outubro teremos en Pazos de Borbén unha nova sesión do programa de “Encontros con autores” que traerá á Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos ao escritor, mestre de educación infantil e contacontos IAGO LOPEZ SANTOS que nos virá a ofrecer o seu contacontos infantil “O COCIÑEIRO MARTIÑO” baseado nesta obra da súa autoría, e unha conversa co alumnado onde se lles explicará cómo se crea dun álbum ilustrado. Na actividade participarán os alumnos de 1º e 2º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e terá lugar o Luns 21 de outubro ás 13:00 horas na Sala de Lectura de BiblioPazos. Xa vos contaremos como foi o evento. https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/encontro-con-autores-iago-lopez-santos.html?spref=fb&m=1
18-Octubre-2019 11:29
Cultura e Ocio
Mañá mércores 16 de outubro contaremos coa presencia en Pazos de Borbén da escritora María Canosa Blanco que estará cos rapaces e rapazas de 3º e 4º de primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos para falar da súa obra "O libro dos medos". Estamos esperando a María Canosa - escritora con moita ilusión para que nos fale das súas vivencias, da súa obra e nos vaia desmontando eses medos que ameazan o soño da infancia con intelixencia e rimas fáciles capaces de converter o pesadelo infantil máis terrorífico nun feliz soño. Mañá pola tarde contaremosvos como foi o día. Esta actividade forma parte do programa de Encontros con Autores pertencente ao proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Pontevedra. https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/encontro-con-autores-maria-canosa.html?spref=fb&m=1
15-Octubre-2019 15:19
Cultura e Ocio
Hoxe comeza a campaña de #vacinación fronte a #gripe, que trae como novidade o uso de tres tipos de #vacinas segundo o grupo de idade. ➡️ Adxuvada para persoas de 65 e máis anos. ➡️ Vacina tetravalente cultivada en liñas celulares para mulleres embarazadas e outras persoas de risco entre 15 e 64 anos. ➡️ Tetravalente para poboación infantil entre 6 meses e 14 anos. Non esperes máis, pide a túa cita! +Info
14-Octubre-2019 15:55
Noticias
Partidos dos nosos equipos para esta fin de semana.
11-Octubre-2019 13:22
Deportes
Seguimos o Luns 14 de outubro con outra das actividades enmarcadas na programación de LER CONTA MOITO. Nesta ocasión teremos con nós no Auditorio do Concello ás 13:00 horas a Vicente Mohedano do Colectivo m=!!! - Peripeciencia co seu espectáculo de divulgación científica “BE WATER”. Be Water é un dos minishows Xperimenta. Un obradoiro de divulgación con alta dose de show didáctico e plena participación do público. Un obradoiro espectacular con apoio audiovisual e experiencias in situ. Be Water. Hidrólise, vasos comunicantes, osmose inversa, células de combustible... todo combinado con dramatizacións coa participación do público para recrear con humor os conceptos máis arriscados... https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/obradoiro-de-divulgacion-cientifica-be.html?spref=fb&m=1
11-Octubre-2019 12:22
Cultura e Ocio
O luns 7 de outubro terá lugar na Sala de Lectura o OBRADOIRO "POR QUÉ ESCRIBIR UN RELATO CURTO?" que impartirá a escritora lucense Rocio Lopez Nuñez en tres sesións e no que participarán os alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos. O obxectivo deste obradoiro é ofrecer ferramentas aos participantes para que sexan capaces de construír un relato curto con temática libre; fomentar a creatividade, o uso da imaxinación e o emprego da motivación; xerar múltiples ideas aplicando un esbozo sobre as técnicas narrativas para a creación do argumento, personaxes, escenas, diálogos e descripcións. Cada alumno leva unha historia dentro, real ou ficticia, que merece ser contada... https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/obradoiro-por-que-escribir-un-relato.html?spref=fb&m=1
04-Octubre-2019 16:08
Cultura e Ocio
Partidos dos nosos equipos para esta fin de semana
04-Octubre-2019 12:07
Deportes
Mañá venres 4 de outubro OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN "CÓMO SE FAI UN ÁLBUM ILUSTRADO?" que impartirá a ilustradora Estefanía Padullés e que terá lugar nas instalacións do CPI "Curros Enríquez" de Pazos en dúas sesións. A primeira será a partir das 11:00 horas cos alumnos de 1º de primaria; e a segunda a partir das 13:00 horas cos alumnos de 2º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos. Xa vos contaremos como foi... Esta actividade forma parte da programación de LER CONTA MOITO, un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais. https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/obradoiro-de-ilustracion-como-se-fai-un.html?spref=fb
03-Octubre-2019 11:58
Cultura e Ocio
O Concello de Pazos de Borbén a través da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos convoca o II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBEN co obxectivo de fomentar a creatividade entre os escolares do municipio, potenciar a expresión e a comprensión escrita, estimular o uso da lingua galega, fomentar a escrita na nosa lingua entre os mais mozos -particularmente no ámbito da narrativa/relato breve- e facilitarlles unha motivación para facelo como é a de participar neste certame. Poderán participar os alumnos e alumnas residentes no Concello de Pazos de Borbén que estean cursando estudos de Educación Primaria e/ou Secundaria nos colexios do municipio (1º a 6º de primaria e de 1º a 4º de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos). O prazo para presentar os relatos será entre os días 1 de outubro e o 15 de novembro de 2019, ambolos dous inclusive... https://bibliopazos.blogspot.com/2019/09/ii-certame-de-relato-curto-do-concello.html?spref=fb&m=1
30-Septiembre-2019 11:42
Cultura e Ocio
OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA "CÓMO ESCRIBIR UN RELATO EN 10 PASOS" Seguimos coas actividades de animación á lectura do mes de outubro e, nesta ocasión, levaremos a cabo o OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA "CÓMO ESCRIBIR UN RELATO EN 10 PASOS” que impartirá a escritora lucense Andrea Barreira Freije e no que participarán os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos. Terá lugar os días 1 e 2 de outubro na Sala de Lectura da biblioteca. https://bibliopazos.blogspot.com/2019/09/obradoiro-de-creacion-literaria-como.html?spref=fb&m=1
30-Septiembre-2019 11:39
Cultura e Ocio
Programación deportiva desta fin de semana
27-Septiembre-2019 18:17
Deportes
Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro interxeracional de xoguetes antigos e actuais de Tecendo Lazos os sábados 9,16,23 e 30 de novembro en horario de tarde. Máis información na oficina OMIX do Concello
23-Septiembre-2019 13:33
Cultura e Ocio
Este sàbado festa en Borbén na honra da Virxe das Dores.
20-Septiembre-2019 18:52
Festexos
Programación deportiva desta fin de semana
20-Septiembre-2019 12:57
Deportes
Continuamos coa programación de actividades de Animación á Lectura e o Venres 20 de setembro, contaremos cunha nova actividade impartida polos monitores de Eduvía Xestión, Cultura e Lecer, S.L., que baixo o título "OS CAZATESOUROS DA REDE" fará que nos internemos no mundo dixital para conseguir atopar as pistas dun mapa que nos levarán a atopar un tesouro. https://bibliopazos.blogspot.com/2019/09/os-cazatesouros-da-rede-internate-no.html?spref=fb&m=1
19-Septiembre-2019 12:18
Cultura e Ocio
Este ano retomamos as Escolas de patinaxe artística e a maiores ofertamos ximnasia rítmica. Chama ao 690267984 ou pasate pola oficina da OMIX para máis informaciòn.
18-Septiembre-2019 14:07
Deportes
Co comezo do novo curso, xa temos dispoñibles para todos na oficina de información xuvenil do Concello as axendas para o curso escolar 19/20. Non quedes sen ela !
17-Septiembre-2019 15:12
Cultura e Ocio
Próximo mércores 18 de setembro na Sala de Lectura da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos UNHA ÁRBORE VÉN A VERNOS (Contos para abrazar ás árbores) con Anxo Moure. https://bibliopazos.blogspot.com/2019/09/unha-arbore-ven-vernos-contos-para.html
17-Septiembre-2019 11:16
Cultura e Ocio
Partidos dos nosos equipos para esta fin de semana.
13-Septiembre-2019 13:11
Deportes
Próximas actividades de animación á lectura na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos. Mércores 18-Setembro-2019 ás 13:00 horas na Sala de Lectura teremos a ANXO MOURE Contos Solidarios co seu espectáculo "UNHA ÁRBORE VÉN A VERNOS (Contos para abrazar as árbores)". Unha actividade para aprender a respectar e a coidar a natureza e en defensa do futuro. Venres 20-Setembro-2019 ás 13:00 horas na Aula de Informática "OS CAZATESOUROS DA REDE" cos monitores de Eduvía Xestión, Cultura e Lecer, S.L.. Vive a aventura dixital na busca do tesouro. Mércores 25-Setembro-2019 ás 13:00 horas na Sala de Lectura estará con nós Manuel Solla de Expresión Produccións co seu espectáculo "IGUAIS, DIFERENTES" para promover a igualdade entre homes e mulleres e loitar contra a violencia de xénero a través dos contos, da maxia e da participación. Venres 27-Setembro-2019 ás 13:00 horas no Auditorio do Concello contaremos con Andrea Vázquez de OS Piñeiriños co seu espectáculo musical "GALEGAS NO MUNDO" a través do que faremos visibles as figuras de diversas mulleres galegas referentes na nosa historia para poñer en valor os seus méritos e transmitir valores fundamentais para educar en igualdade e salientar os aspectos máis relevantes da nosa cultura galega. Estades todos convidados. Entrada de balde ata completar o aforo do local. Obrigatoria a inscrición previa chamando ao teléfono da biblioteca nº 986 497 273. VINDE A BIBLIOPAZOS E PARTICIPAR DAS ACTIVIDADES!!!
10-Septiembre-2019 15:14
Cultura e Ocio
Lembrar a todos que este venres día 13 remata o prazo de inscrición para a excursión programada para o vindeiro 28 de setembro a San Andrés de Teixido. Animádevos!
10-Septiembre-2019 12:08
Cultura e Ocio
Lembramos a tódolos veciños que os vindeiros luns día 9 e martes día 10 de setembro haberá unha unidade móbil de ITV para turismos na explanada do Concello. Para solicitar cita previa: *902309000 * https://www.sycitv.com/es/cita-previa-particulares/#top
06-Septiembre-2019 11:23
Servizos