Este luns, día 2 de decembro, entra en servizo o centro de saúde de Pazos de Borbén, unha vez rematados os traballos de reforma e ampliación.
Este luns, día 2 de decembro, entra en servizo o centro de saúde de Pazos de Borbén, unha vez rematados os traballos de reforma e ampliación.
27-Noviembre-2019 16:19
Noticias
Mańán mércores 27 de Novembro contaremos coa presenza do mestre, escritor e poeta Antonio García Teijeiro en Pazos de Borbén para compartir as súas experiencias literarias cos alumnos de 5º de primaria nun encontro literario que versará sobre a súa obra “POEMAR O MAR” pola que recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Ministerio de Cultura do ano 2017. "POEMAR O MAR" é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con "En la cuna del mar" e "Palabras do mar". Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra. Mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares de tinta verde con barquiños de papel. Esta actividade enmárcase no programa de encontros con autores incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Pontevedra. https://bibliopazos.blogspot.com/2019/11/encontro-con-autores-antonio-garcia.html?spref=fb&m=1
26-Noviembre-2019 13:00
Cultura e Ocio
Aquí vos deixamos as actividades do Día contra a violencia de xénero
22-Noviembre-2019 13:59
Noticias
Programación deportiva desta fin de semana.
22-Noviembre-2019 12:27
Deportes
Despois das actuacións de Raquel Queizás o día 8 de novembro, e de Cris De Caldas o pasado venres 15 de novembro... ESPERÁMOSVOS!!! Mañá Venres 22 de novembro continuamos coas actividades do 4º Ciclo de Tradición Oral "Falar por Falar" do Concello de Pazos de Borbén. Nesta ocasión estará con nós a veciña do Condado Lorena Pinheiro cunha versión para adolescentes do seu show "SEICA", un espectáculo cheo de emoción, diversión e reflexión empregando como ferramenta un dos apeiros máis antigos da humanidade: as historias contadas. Historias, contos e faladurías recollidas na parroquia da narradora e no seo da súa familia, acompañando o espectáculo de pequenas intervencións musicais ao estilo Saladina, a súa avoa e unha das protagonistas das historias que sucederon en Meder, alá polos anos 40. Iniciará as súas actuacións ás 13:00 horas cunha versión para adolescentes á que asistirán os rapaces de 3º e 4º de ESO e varios usuarios da Asociación ASPAVI. Pola tarde/noite ás 20:00 horas ofreceranos outra sesión especial de "SEICA" para público adulto. Esta actividade forma parte do programa 4º Ciclo de Tradición Oral "Falar por Falar"l incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Pontevedra. https://bibliopazos.blogspot.com/2019/11/seica-de-lorena-pinheiro-no-4-ciclo-de.html?spref=fb&m=1
21-Noviembre-2019 18:11
Cultura e Ocio
UNIDADE MÓBIL DE DOACIÓN DE SANGUE
21-Noviembre-2019 18:09
Noticias
Continuamos coas actividades e o mércores día 20 de Novembro teremos un novo espectáculo de O Mago Paco de A illa dos nenos co nome de "MAXIA VS. CIENCIA" que mestura dúas disciplinas, a Ciencia e a Maxia, que a priori non teñen nada en pero acabará demostrando o moito que se parecen e todo o que comparten unha vez que nos achegamos a elas dunha maneira diferente e moi divertida. Coa axuda deste mago un tanto tolo e fascinado polo mundo dos experimentos e da maxia a partes iguais, descubriremos algúns dos porqués dalgunhas das diferentes partes da ciencia como: As cores, as matemáticas, o son, a astronomía ou os efectos ópticos e de 3D. As veces sen poder case distinguir se verdadeiramente é cousa de maxia ou polo contrario, o que vemos, tocamos ou facemos ten unha explicación científica. Un espectáculo dinámico e moi entretido que interactúa constantemente cos participantes facéndoos cómplices e protagonistas de cada experiencia. Terá lugar en dúas sesións ás 11:00 e ás 13:00 horas nas que participarán os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos. Estas actividade enmárcase no programa de divulgación científica en galego incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Pontevedra. https://bibliopazos.blogspot.com/2019/11/maxia-vs-ciencia-espectaculo-de.html?spref=fb&m=1
19-Noviembre-2019 10:28
Cultura e Ocio
https://www.gabinetesoutomaior.com/index.php/axenda-municipal2/soutomaior-en-carteis/1372-autodefensa-para-mulleres
18-Noviembre-2019 18:27
Info Xeral
Aquí vos deixalos a información sobre o posto vacante de xuiz de paz.
15-Noviembre-2019 12:33
Emprego
Desta vez temos que encher o Auditorio do Concello de Pazos de Borbén. Non vos esquezades. Seguimos o próximo venres día 15 de Novembro coas actividades do 4º Ciclo de Tradición Oral "Falar por Falar" no que contaremos coas actuacións de Cris De Caldas. Entrada de balde ata completar o aforo do local. https://bibliopazos.blogspot.com/2019/11/cris-de-caldas-con-os-contos-do-meu.html?spref=fb&m=1
14-Noviembre-2019 12:19
Cultura e Ocio
Aquí vos deixamos a información relacionada coa excursión a Perlim o día 1 de decembro.
14-Noviembre-2019 12:15
Cultura e Ocio
Programación deportiva desta fin de semana
08-Noviembre-2019 12:04
Deportes
CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE. ABERTA A INSCRICIÓN
07-Noviembre-2019 13:15
Noticias
Mañá venres día 8 de Novembro comenza o 4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR" DE PAZOS DE BORBÉN con dúas actuacións de Raquel Queizás. Ás 13:00 horas estará cos rapaces de 3º e 4º da ESO e con varios usuarios da Asociación ASPAVI co seu espectáculo "CASO PECHADO", dirixido especialmente a un público adolescente que recolle lendas urbanas, relatos de misterio e historias de terror. Nel unha detective fala dos casos máis curiosos que tivo que investigar, case todos foron resoltos, son casos pechados, agás un... Ás 20:00 horas volverá a actuar Raquel Queizás cun espectáculo dirixido a público xuvenil e adulto para ofrecerlles o seu show "PALABRAS NA BOCA"... ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR O AFORO DO LOCAL. E continuaremos co ciclo os días: 15 de novembro con Cris De Caldas. 22 de novembro con Lorena Pinheiro. e o remataremos o 29 de novembro coas actuacións de Ángeles Goás Amado. Esta actividade forma parte do programa 4º Ciclo de Tradición Oral incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Pontevedra. https://bibliopazos.blogspot.com/2019/11/caso-pechado-e-palabras-na-boca-de.html?spref=fb&m=1
07-Noviembre-2019 11:33
Cultura e Ocio
ÁBRESE O PRAZO PARA ANOTARSE AO CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS MAIS ALÉRXENOS
07-Noviembre-2019 11:28
Noticias
Comenzamos a programación do mes de NOVEMBRO o día 4 ás 13:00 horas co Obradoiro de Experimentación Creativa con Música Electrónica "CIENCIA MUSICAL" a cargo do enxeñeiro electrónico e compositor Mateo Mena CALAVIA. O obradoiro é un proxecto educativo plenamente práctico, orientado a público xuvenil, que combina conceptos científicos e sonoros nun ambiente de traballo baseado na experimentación. A través da construción de diversos dispositivos musicais electrónicos, os asistentes irán adquirindo coñecementos prácticos sobre varios principios científicos (electromagnetismo, resistividade, frecuencia, vibración...) e a súa aplicación musical, enfocándose en áreas específicas como a creatividade, a educación ambiental, o método científico ou a aprendizaxe colaborativa... https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/obradoiro-de-experimentacion-creativa.html?spref=fb&m=1
02-Noviembre-2019 14:50
Cultura e Ocio
Programación deportiva desta fin de semana
31-Octubre-2019 14:14
Deportes
Finalizamos as actividades de animación á lectura do mes de OUTUBRO coa actuación mañá martes día 29 na Sala de Lectura de O Mago Paco de A Illa dos Nenos co seu espectáculo de divulgación científica "MATEMAXIA” no que participarán os alumnos de 5º e 6º de Primaria e os de 1º e 2º de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos. Para o vindeiro mes de NOVEMBRO traemos 9 novas actividades cun total de 16 sesións consistentes en Obradoiros de Ciencia; Obradoiros de Contacontos; o 4º Ciclo de Tradición Oral coa actuación de 4 mulleres contacontos do mellorciño do panorama galego; Maxia; e un encontro con autores. Tedes mais información neste enlace: https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/programacion-actividades-de-animacion.html
28-Octubre-2019 16:11
Cultura e Ocio
CURSO DE CARRETILLA ELEVADORA, as bases do curso están a disposición dos interesados na sede electrónica e pax web do Concello de Pazos
28-Octubre-2019 15:21
Info Xeral
Finalizamos as actividades do mes de outubro o próximo Martes día 29 de outubro na Sala de Lectura onde contaremos co espectáculo “MATEMAXIA” que nos traerá O Mago Paco de A illa dos nenos cunha actividade que mestura dúas disciplinas, as matemáticas e a maxia, que ainda que a priori podamos pensar que non teñen nada en común e ata parecen contrapostas, pero nada mais afastado da realidade. A través desta actividade O Mago Paco demostrará o moito que teñen en común e o que comparten unha vez que nos achegamos a elas dunha maneira diferente e moi divertida... Terá lugar en dúas sesións ás 11:00 e ás 13:00 horas nas que participarán os alumnos de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos. https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/matemaxia-espectaculo-de-divulgacion.html?spref=fb&m=1
28-Octubre-2019 11:53
Cultura e Ocio
4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR" DE PAZOS DE BORBÉN Para continuar homenaxeando ás nosas tradicións a través de historias contadas oralmente que farán que a imaxinación de mozos e adultos viaxe a través dos contos de sempre mesturados tamén con historias máis actuais celebramos este ano o 4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL "FALAR POR FALAR" DE PAZOS DE BORBÉN. Todas as actividades deste 4º CICLO DE TRADICIÓN ORAL celebraránse no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén todos os venres do mes de novembro. Entrada de balde ata completar o aforo do local. O ciclo comenza o día 8 de novembro con dúas actuacións de Raquel Queizás... Mais información en: https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/4-ciclo-de-tradicion-oral-falar-por.html?spref=fb&m=1
28-Octubre-2019 11:50
Cultura e Ocio
Programación deportiva desta fin de semana
25-Octubre-2019 18:40
Deportes
Mañá Venres 25 de outubro no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén "QUE TRABALLO TAN CURIOSO!!!. Seredes quen de adiviñado" bibliopazos.blogspot.com/2019/10/que-tr… @CSICGalicia @UCCGalicia @depo_es
24-Octubre-2019 11:13
Cultura e Ocio
O vindeiro domingo 27, ás 19:00H, na Cultural de Pazos de Borbén haberá un intertroco cultural de corais na que participarán a coral San Telmo de Tui, coral Albricias e a coral Santa María de Pazos
24-Octubre-2019 10:38
Cultura e Ocio
Mañá mércores 23 de outubro ás 13:00 horas teremos unha nova actividade organizada pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos na que contaremos coa presencia do mestre e escritor Xavier Estévez Ferreiro, autor do libro “AVIÓNS DE PAPEL”, finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil no ano 2016 de XERAIS, e do que falará cos alumnos de 5º e 6º de primaria neste interesantísimo encontro literario... https://bibliopazos.blogspot.com/2019/10/encontro-con-autores-xavier-estevez.html?spref=fb&m=1
22-Octubre-2019 10:49
Cultura e Ocio