Con data 18 de marzo, o Alcalde, dictou Resolución de Alcalcía, na que se acordan máis
medidas de prevención ante a situación do COVID-19
PRIMEIRO.- En atención aos ditado na normativa estatal, suspéndese a apertura ao público dos locais e establecementos comerciantes polo miúdo, fóra dos
establecementos comerciais comerciantes polo miúdo de alimentación, bebidas,
produtos e bens de primeira necesidade, establecementos farmacéuticos, sanitarios, centros ou clínicas veterinarias, ópticas e produtos ortopédicos, produtos hixiénicos, prensa e papelería, combustible para a automoción, estancos, equipos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de compañía, comercio por internet, telefónico ou correspondencia, tinturerías, lavanderías e o exercicio profesional da actividade de barbería a domicilio.
En particular a apertura ao público se atopa suspendida de acordo co establecido no artigo 10.3 do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación a espectáculos públicos, circos, locales de exhibición, auditorios, prazas e recintos públicos, pavillóns, percorridos por camiños rurais, probas ou exhibicións, parques infantis e de atraccións.
En calquera caso, suspenderase a actividade de calquera establecemento que, a xuízo da autoridade competente, poida supoñer un risco de contaxio polas condicións nas que se estea desenvolvendo.
SEGUNDO.- As medidas, lugares, establecementos e actividades enumeradas
poderanse modificar, ampliar ou restrinxir por razóns xustificadas de saúde pública, de acordo co establecido pola autoridade competente.
TERCEIRO.- Quedan suspendidas as sesións periódicas ou ordinarias dos órganos colexiados municipais (Xunta de Goberno Local e Pleno da Corporación) e calquera outra sesión de órganos municipais ou de participación municipal a excepción de calquera outras que fosen preciso celebrar, en tanto permaneza o estado de alarma.
O ALCALDE, ANDRÉS IGLESIAS RODRÍGUEZ