-
Escolas deportivas e Teatro: 2025-20262025-09-18 09:06:13Deportes
As escolas deportivas. os cursos de natación, aquagym e o teatro comezan o 13 de outubro de 2025 e rematan o 31 de maio de 2026.
O prazo de preinscrición é do 19 de septembro as 9:00 horas ao 29 de setembro as 14:00 horas, e realízase a través da seguinte ligazón:https://forms.gle/81xaVJojCwQW7qeb7 . Se algunha persoa ten dificultade para realizar a inscrición ou non conta cos medios necesarios, pode acudir o servizo de deportes (Casa do concello), onde se lle axudará a realizar a preinsicrición.
As taxas das escolas e a forma de pago, poden consultarse no arquivo: " Taxas das escolas deportivas" que se anexa neste bando.
A continuación achéganse o cartaz e os horarios, onde aparecen: os días, as horas, a instalación onde se imparte cada unha das escolas e o ano de nacemento dos participantes. Os horarios e as escolas non son definitivos e poden variar en función da necesidade dos monitores ou da dispoñibilidade das instalacións.
Máis información na casa do concello (Servizo de deportes) ou no teléfono 981405064.