-
SUSPENSIÓN DAS QUEIMAS DE RESTOS AGRÍCOLAS E FORESTAIS
Info Xeral27-Marzo-2026 11:39
O Concello de Outes informa que a Consellería do Medio Rural suspende, dende o día 25/03/2026 e ata novo aviso, os permisos de queima de restos agrícolas e forestais.
A suspensión implica que non se tramitarán novos permisos e os xa concedidos quedan anulados.
Máis información:
RENATUR_OUTES: XORNADA FINAL DE PRESENTACIÓN DE RESULTADOS
Info Xeral20-Marzo-2026 11:12
📢 Tras tres anos de traballo, investigación e colaboración entre universidades, o Concello de Outes, a Fundación CEER e Montescola, o proxecto Renatur_Outes chega ao seu peche.
O venres, 27 de marzo de 2026 terá lugar na Casa da Cultura a xornada final de presentación de resultados, aberta a toda a veciñanza. Na sesión compartiranse aprendizaxes, o impacto ambiental detectado e os retos de futuro.
ℹ️ Información:
RUTAS DE PRIMAVERA 2026: COÑECE O NOSO PATRIMONIO
Cultura16-Marzo-2026 11:14
O Concello de Outes organiza 7 rutas culturais durante esta primavera para coñecer o noso patrimonio da man dun experto.
Para participar é preciso inscribirse. Para elo, o luns previo a cada andaina haberá que cubrir o formulario que encontrarás escaneando o código QR do cartel ou na nosa páxina web
TEMPO DE PASCUA 2026
Servizos sociais e concilia09-Marzo-2026 14:19
O Concello de Outes, a través do CIM (Centro de Información ás Mulleres), ofrécelles ás familias con menores de idades comprendidas entre os 3 anos (escolarizados) e os 12 anos o servizo de conciliación “Tempo de Pascua 2026”, que forma parte do programa “Outes Concilia”.
Desenvolverase os días, 30 e 31 de marzo e o 1 e 6 de abril, en horario de 8:00 a 16:00 horas, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.
A inscrición permanecerá aberta desde o 10 ata o 16 de marz(...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto:
EXPEDICIÓN E RENOVACIÓN DE DNI E PASAPORTE CANCELADAS
PROCEDEMENTO DE RENOVACIÓN, NOVO INGRESO, ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2026/2027 DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
Info Xeral19-Febrero-2026 13:05
O Concello de Outes informa que xa está publicado o procedemento de renovación, novo ingreso, admisión e matrícula de persoas usuarias da Escola Infantil Municipal (EIM) para o curso 2026/2027.- Máis información na páxina web do Concello:
-
ACTUALIZACION: ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS
Info Xeral11-Febrero-2026 15:21
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa que o fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA por COSTEIROS, que está a afectar á toda a costa de Galicia continuará ao longo de todo o día 11/02/2026, acadando nivel VERMELLO en Coruña (Noroeste) a finais do citado día.
Dende o Concello facemos un chamamento á veciñanza para que extreme as precaucións á hora dos seus desprazamentos e en zonas expostas.
Archivo adjunto: -
ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA
Info Xeral11-Febrero-2026 10:09
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA POR VENTOS, que afectará ao NOROESTE DA CORUÑA e A MARIÑA DE LUGO LUGO desde a media mañá do día 11/02/2026, podéndose acadar refachos de ata 100 km/h. Ademais suspéndense todas as actividades escolares no exterior
Archivo adjunto: -
PISCINA PECHADA POR UN PROBLEMA ELÉCTRICO
Deporte06-Febrero-2026 10:40
🚨 Por mor dunha incidencia eléctrica, vímonos na obriga de pechar a piscina municipal.
Agardamos que a avaría quede arranxada ao longo da mañá e que as persoas usuarias poidan gozar da instalación canto antes .
Iremos actualizando a situación.
Desculpen as molestias. -
CORTE DE AUGA NO FREIXO
Obras e servizos03-Febrero-2026 14:15
📢 Informámoslles de que por mor dunha avaría, o mércores, 4 de febreiro, a partir das 09:00 h, cortarase o subministro de auga no Freixo.
O corte afectará aos núcleos de Braño, Mosteiro, Piñeiro e Vilariño.
Trataremos de restablecer o servizo canto antes. Desculpen as molestias. -
ENTERRO DA SARDIÑA 2026: CONCURSO DE DISFRACES
Festas03-Febrero-2026 12:24
O mércores 18 de febreiro celebraremos en Outes o tradicional Enterro da Sardiña, co concurso de disfraces, que terá lugar a partir das 17:00 horas na praza de Galicia ou, en caso de que chova, no pavillón polideportivo.
Despois farase un desfile polas principais rúas da Serra ata a Praza do Bosque.
Máis información, bases do concurso e folla de inscrición na páxina web
XXX CERTAME DE POESÍA FRANCISCO AÑÓN
Cultura30-Enero-2026 17:14
O Concello de Outes, compromotido e interesado en promover os valores creativo-literarios da nosa lingua, organiza o XXX CERTAME FRANCISCO AÑÓN DE POESÍA, certame que leva o nome do máis ilustre literato do noso concello, Francisco Añón, autor do "Rexurdimento" e un dos precursores da lingua galega e ao cal queremos render homenaxe con este premio.
As bases do certame poden consultarse na páxina web do Concello:
TRAIL DE OUTES: CORTE DE ESTRADA NO FREIXO
Info Xeral30-Enero-2026 13:34
Por mor do Trail de Outes, que se celebrará este domingo 1 de febreiro, un tramo da Rúa do Porto, no Freixo, estará cortada ao tráfico dende as 9:00 ata as 14:00 horas.
O tramo cortado, que pode verse na imaxe adxunta, será o que vai dende o centro náutico ata o cruce da estrada xeral AC-550.
Desculpen as molestias.
Archivo adjunto:
ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA
Info Xeral29-Enero-2026 14:15
🚨 A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunica:
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia. Actualmente está activado o NIVEL LARANXA por ventos de forza 7 ou 8, que continuará nas próximas horas e que AEMET prevé que aumente a NIVEL VERMELLO (perigo extremo) a partir das primeiras horas da tarde do venres, 30 de xaneiro de 2026.
Facemos un chamamento á veciñanza para que extreme (...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto:Probas COMDIX nivel iniciación e intermedio
Emprego28-Enero-2026 15:02
Publicado no DOG núm. 10, do 16/01/2026, o anuncio das convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT, nos seus niveis de iniciación e intermedio, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2026.
Os detalles de cada convocatoria, as aulas concretas en que se realizarán as probas, os horarios asignados a cada unha delas e o número de prazas ofertadas publicaranse na web da Rede CeMIT
...Haga click para ver completo.
ÚLTIMOS DÍAS DE INSCRICIÓN
Info Xeral28-Enero-2026 14:42
Lembrade que o venres, 30 de xaneiro, remata o prazo de inscrición no servizo de conciliación TEMPO DE ENTROIDO 2026, que se desenvolverá os días 16 e 17 de febreiro, no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes . Máis información na web do Concello de Outes:
APRAZADO O TRAIL E ANDAINA DE OUTES
Info Xeral24-Enero-2026 11:22
En función do último aviso da Xunta de Galicia, elevando a nivel VERMELLO a alerta por temporal, vémonos na obriga e responsabilidade de aplazar o TRAIL E ANDAINA DE OUTES 2026
Tal e como se recolle no regulamento da proba trasládase para o vindeiro domingo día 1 de febreiro, no mesmo horario e formato.
Dende Arousa NeO, Clube de Atletismo Outes, Sachacamiños, Concello de Outes e Protección Civil, voltaremos a poñer as mellores ganas e intención en que todo saia perfecto e podades (...)
...Haga click para ver completo.
Archivo adjunto:
ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA
Info Xeral24-Enero-2026 11:20
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín 25/71GAL emitido o día de hoxe, que o fenómeno meteorolóxico adverso por COSTEIROS nivel laranxa que afectaba ás costas de PONTEVEDRA e CORUÑA pasa a nivel VERMELLO a partir do medio día do 24/01/2026.
Espérase mar combinado do Noroeste de 8 a 9 metros e vento do Oeste/Suroeste forza 7.
Archivo adjunto:
ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS
Info Xeral21-Enero-2026 15:11
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meeorolóxico adverso por COSTEIROS NIVEL VERMELLO que afectará a toda a costa de A CORUÑA desde última hora da tarde de hoxe (Mar
combinado do noroeste de 8 a 9m. Vento do noroeste forza 7). Asemade informa dun fenómeno meteorolóxico adverso por COSTEIROS NIVEL LARANXA en: A CORUÑA ata última hora de tarde de hoxe.
Archivo adjunto:
ALERTA DA DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS
Info Xeral20-Enero-2026 13:34
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por COSTEIROS durante o día de hoxe. A previsión avanzada eleva a alerta a NIVEL VERMELLO no litoral de A Coruña (Noroeste e Oeste) a partir das 21:00 h de mañán con mar combinada de 8 a 9 m, ventos do Noroeste de 50 a 61 Km (Forza /) e NIVEL LARANXA para o resto do litoral.
Archivo adjunto:


