Recollida de alimentos non perecedeiros: auga, leite, pasta, conservas, produtos de hixiene persoal....
Pódense entregar na CASA DO CONCELLO ata o xoves 7 de novembro.
Recollida de alimentos non perecedeiros: auga, leite, pasta, conservas, produtos de hixiene persoal....
Pódense entregar na CASA DO CONCELLO ata o xoves 7 de novembro.
04-Noviembre-2024 11:14
Información Xeral
Celebramos o Samaín en Chaguazoso o xoves 31 de outubro, a partir das 20:00 horas .
Todos os que desexen poderán participar nun paseo polo pobo con "truco ou trato" e un túnel do terror teatralizado.
O remate da actividade haberá un picoteo na Casa das Mulleres.
Para anotarse enviar unha mensaxe de WhatsApp ao número 626516808
29-Octubre-2024 13:56
Información Xeral
Bonos Activa Comercio dende o 4 de novembro ata o 31 de decembro.
Para os comerciantes poden adherirse ata 15 de decembro o esgotamento de crédito dispoñible.
23-Octubre-2024 13:05
Información Xeral
O Instituto Galego de Vivenda e Solo, publicou no DOGA do día 23 de setembro de 2024 axudas para SUBVENCIÓNS PARA REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO.
Os pobos do Concello afectados por esta subvención son A Canda, Vilavella e O Pereiro.
Prazo remata o 23 de Outubro.
11-Octubre-2024 13:29
Información Xeral
DENDE HOXE QUEDA RESTABLECIDO O SERVIZO DE AUGA NO PEREIRO, ZONA DO RESTAURANTE VIA DA PRATA.
PERDOEN AS MOLESTIAS OCASIONADAS.
10-Octubre-2024 10:57
Información Xeral
DEBIDO A UNHA AVARÍA DE AUGA NA ZONA DO RESTAURANTE VIA DA PRATA (O PEREIRO) NON HABERÁ SUMINISTRO DE AUGA NESA ZONA ATA O SEU ARRANXO.
DISCULPEN AS MOLESTIAS.
09-Octubre-2024 10:13
Información Xeral
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Este venres 11 de outubro ás 12.30 celebrarase a través da aula virtual de consumo unha actividade na que daremos uns pequenos consellos para aprender sobre Volta ao cole
Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderase a todas as dúbidas que suxan en materia de consumo.
Toda aquela persoa ou entidade que desexe participar, unicamente ten que acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo
Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 093- 881 999 075
08-Octubre-2024 14:19
Información Xeral
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso XENERALIZADO para TODA GALICIA por CHOIVAS E VENTO. As CHOIVAS se iniciarán ás 00:00 horas do día 09/10/2024 e o VENTO ás 08:00 horas.
Así mesmo durante o día de hoxe se manteñen os niveis AMARELOS por choivas e ventos.
08-Octubre-2024 14:04
Información Xeral
ÁBRESE O PRAZO, ATA O 8 DE OUTUBRO (INCLUÍDO), PARA PRESENTAR OFERTAS PARA ALUGUER DO 1º ESQUERDA DAS VIVENDAS DOS MESTRES.
AS CONDICIÓNS E MODELOS DE SOLICITUDE, RECOLLIDOS NO PREGO, ESTÁN DISPOÑIBLES NA PÁXINA WEB (www.amezquita.gal) E NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO DA MEZQUITA.
01-Octubre-2024 14:08
Información Xeral
SAN MARTIÑO 2024
Chega o outono e con el, a celebración do magosto Popular na Mezquita.
Sera o sábado 9 de novembro a partir das 19.00h na Casa da Cultura
Para cear: empanada, chourizos, panceta e castañas.
Concurso de cociña, carreira de sacos e o xa famoso ARRAPAÑACASTAÑAS.
FOLIADA durante a tarde (trae o teu instrumento) e o remate actuación de Festicultores Troupe -Cultivadores de Festas.
26-Septiembre-2024 11:34
Información Xeral
Actívase nivel LARANXA por chuvias para a PROVINCIA DA CORUÑA (NOROESTE, OESTE E SUROESTE) e provincia de PONTEVEDRA (RÍAS BAIXAS E INTERIOR).
Tamén se activa o NIVEL AMARELO por VENTOS que afectarán aos seguintes ámbitos xeográficos.
A CORUÑA (NOROESTE), LUGO ( A MARIÑA)
Comezará a primeira hora da tarde de mañá mércores 25, con ventos que poden acadar os 90 km/h.
A CORUÑA (OESTE, INTERIOR E SUROESTE)
LUGO (CENTRO E MONTAÑA)
OURENSE (NOROESTE E MONTAÑA)
PONTEVEDRA (INTERIOR) .
25-Septiembre-2024 09:55
Información Xeral
Axudas ás familias residentes en Galicia con nenos e nenas de ata doce anos de idade para atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante períodos vacacionais.
As persoas interesadas poderán informarse a través dos departamento de Servizos Sociais do Concello ata o 17 de outubro.
23-Septiembre-2024 09:56
Información Xeral
PUBLICADO NO BOP Nº 181 DO 18 DE SETEMBRO DO 2024, O ANUNCIO DA CONVOCATORIA PARA SELECCIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR AXUDA A DOMICILIO , DENDE MAÑA, DÍA 19 ATA O 25 DE SETEMBRO ESTARÁ ABERTO O PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
LÉMBRASE QUE É PRECISO PRESENTAR VIDA LABORAL, CONTRATOS,...
18-Septiembre-2024 13:34
Emprego
“Plan ReActiva Ourense_Busca de Emprego”, trátase dun programa de acompañamento activo para a incorporación ao mercado laboral de persoas da provincia de Ourense en situación de desemprego, que conta co apoio da Deputación Provincial de Ourense.
Levaranse a cabo un total de catro programas, os dous primeiros leváronse a cabo en maio e xuño, e o terceiro terá lugar do 23 ao 27 de setembro. A duración total é de 15 horas de formación conxunta en competencias e habilidades útiles para a procura de emprego, 1 hora de seguimento individualizado por participante, de xeito 100% online a través da plataforma Zoom, e unha xornada presencial de dúas horas de duración. Para o desenvolvemento das sesións online accederase dende un ordenador ou tablet que dispoña de cámara e audio ou móbil con conexión a internet.
O obxectivo fundamental é apoiar a persoas desempregadas da provincia de Ourense, deseñarase un itinerario formativo dotando ás participantes das habilidades, coñecementos e ferramentas, tanto a nivel laboral como persoal e social que lle permitan acercarse ás empresas con confianza, tranquilidade, autonomía e independencia na busca activa de emprego co obxectivo de favorecer as posibilidades de inserción laboral e desenvolverse mellor nun entorno competitivo.
A participación é totalmente gratuíta, con prazas limitadas que se reservarán por rigorosa orden de solicitude. Pode realizar a súa inscrición abrindo o seguinte enlace: https://forms.gle/tEHxa6efz4BKe6di9
16-Septiembre-2024 17:19
Información Xeral
O vindeiro sábado 21 de setembro achegaremonos dende a praza de Chaguazoso ata o Penedo dos Tres Reinos onde nos encontrremos cos veciños de Hermisende (Zamora) e Moimenta (Portugal). Dende ali, poñeremos rumbo a Castromil para degustar un pequeno almorzo.
Inscricións ata o venres dia 20 de setembro na Casa do Concello (988425541)
16-Septiembre-2024 10:21
Información Xeral
CONVOCASE UNHA PRAZA DE AUXILIAR AXUDA NO FOGAR.
Prazo de solucitudes 5 dias hábiles dende a publicación no BOP
Para mais información no teléfono 988425541
12-Septiembre-2024 14:20
Información Xeral
QUEDAN ESTABLECIDOS OS HORARIOS NOS QUE XOGARÁN OS EQUIPOS INSCRITOS NO XII CAMPIONATO INTERMUNICIPAL O SÁBADO DÍA 24 DE AGOSTO 2024 NO PAVILLÓN MUNICIPAL DA MEZQUITA
22-Agosto-2024 13:12
Información Xeral
COMUNICAMOS ÓS USUARIOS DAS PISCINAS MUNICIPAIS QUE DENDE ONTE 21/08/2024 FUNCIONAN CON NORMALIDADE EN HORARIO DE 15,30 – 21,00 H.
22-Agosto-2024 12:44
Información Xeral
Por motivo dunha avaría no Pereiro de Abaixo, vaise cortar a auga en breves momentos, ata solucionar o seu arranxo.
Perdoen as molestias.
21-Agosto-2024 10:15
Información Xeral
AVISO
HOXE DÍA 20 DE AGOSTO AS PISCINAS MUNICIPAIS ESTARÁN PECHADAS POR ENFERMIDADE DO SOCORRISTA.
O BAR DAS PISCINAS SÍ ESTARÁ ABERTO Ó PÚBLICO A PARTIR DAS 16,00 HORAS
Disculpen as molestias
20-Agosto-2024 12:50
Información Xeral
NIVEL DE ALERTA LARANXA: TEMPERATURAS MÁXIMAS
09-Agosto-2024 13:30
Información Xeral
DOA SANGUE
Luns, 19 de agosto
UNIDADE MÓBIL
NA PRAZA DO CONCELLO
11:00 a 14:00 horas
09-Agosto-2024 09:09
Información Xeral
DÍA 24 DE AGOSTO 2024
CONCELLOS PARTICIPANTES: A MEZQUITA, HERMISENDE, LUBIÁN, PÍAS E PORTO
INSCRIPCIÓNS ATA O DÍA 20 DE AGOSTO NO CONCELLO POLO QUE SE PARTICIPE
02-Agosto-2024 12:49
Información Xeral
O 14 DE AGOSTO as 20:00 HORAS DENDE A PRAZA DO CONCELLO TERÁ LUGAR ANDAINA NOCTURNA .
Teremos petisco e unha foliada popular.
ANOTATE na Casa do Concello antes do 10 de agosto
31-Julio-2024 14:32
Información Xeral
Segundo o calendario laboral aprobado para o ano 2024, recordase que o vindeiro 5 de agosto é festivo local, polo que os organismos públicos permanecerán pechados.
29-Julio-2024 18:38
Información Xeral
