CONVOCASE UNHA PRAZA PARA CONTROL DO SERVIZO DE AUGAS A MEZQUITA,.
Prazo de presentación 3 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP.
CONVOCASE UNHA PRAZA PARA CONTROL DO SERVIZO DE AUGAS A MEZQUITA,.
Prazo de presentación 3 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP.
23-Mayo-2024 11:21
Información Xeral
A busca de alternativas produtivas agroforestais en Galicia e a súa posible cooperativización é unha inquedanza constante que o Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA desexa ofrecer ás persoas que conforman as nosas cooperativas agroalimentarias e o tecido emprendedor no rural galego. É necesario facilitar alternativas produtivas que xeren ingresos para as persoas do noso medio rural, ou mesmo que sexan actividades agroforestais complementarias ás tradicionais actividades silvopastorís.
Por tanto, no marco das axudas da Rede Eusumo, convocamos a Xornada de PRODUCIÓN DE KIWI que se desenvolverá online o día 23 de maio. Esta Xornada é para tratar de informar, posibilitar, asesorar e orientar ás persoas con producións e/ou inquedanzas nesta actividade coa finalidade de obter ingresos económicos da mesma de xeito que sexa unha saída económica e/ou laboral no medio rural, ou mesmo para complementar ingresos de actividades que xa están a desenvolver no mesmo. Na Xornada interveñen expertos neste ámbito, e mesmo persoas que nos contarán a súa experiencia na produción de KIWI: mercados, tendencias, zonas de posible implantación, axudas e apoios, aspectos técnicos, …. Achegamos programa previsto.
Dende AGACA entendemos que coas novas condicións de temperaturas ocasionadas polo cambio climático, amplíanse as comarcas galegas onde se pode producir este froito.
Para poder asistir e participar na Xornada PRODUCIÓN DE KIWI é preciso inscribirse previamente no seguinte enlace
https://agaca.coop/gl/ag_curso/kiwi/
08-Mayo-2024 13:00
Formación
🚁💦 Medidas contra incendios 💦🚁
🚧👷♀️ O noso municipio contará proximamente cun novo depósito de auga para a loita contra incendios. Este novo recurso chega tras as peticións continuadas do goberno local ante a Xunta de Galicia. 👷♀️🚧
🏊🏊🏻♀️ A carga dos helicópteros na piscina municipal causaba moitos trastornos, polo que esperamos que isto non volte a suceder 🏊🏻♀️🏊
🧯🔥 Desexamos que este novo punto de carga se use o menos posible, xa que iso indicaría que os nosos montes están libres de lapas 🧯🔥
07-Mayo-2024 12:53
Información Xeral
A Concellaría de Asuntos Sociais do Concello de Sober, por medio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, elaborou o proxecto INMARCESIBLES, exposición fotográfica sobre a beleza femenina, realzando a auténtica beleza,mostrando o sexo feminino tal é como é e non como pretenden que sexa."Queremos que aquilo que a nosa sociedade ve e transmite como defectos e complexos se perciba como o que verdadeiramente é, o corpo de todas as mulleres, a súa realidade. Para conseguir este obxectivo, contamos coa participación libre de diversas mulleres, do concello de Sober, que quixeron mostrarse tal e como son, defendendo todo tipo de corpos femininos e reivindicando a súa aceptación." Conta con 19 fotografías.
Pódese visitar na Casa do Concello da Mezquita, planta baixa, do 6 de maio ao 20 maio, en horario de 9:00 a 14:30.
06-Mayo-2024 20:00
Información Xeral
O xoves día 16 de maio contaremos cun acto en homenaxe a LUISA VILLALTA, escritora, filóloga e violinista, a que se lle adica no 2024.
Ás 12,00 horas na Praza do Concello onde, a través de varios veciños, coñeceremos algunha das súas obras.
Durante a tarde, vestirémonos de artistas para levar a cabo un Obradoiro de marcapáxinas no Edificio Multiusos adicado os máis pequenos.
Esperámoste o xoves 16 de maio.
06-Mayo-2024 14:33
Cultura
6 DEMAIO: AS 16:00 h A MEZQUITA
7 DE MAIO: 11:30 h VILAVELLA
9 DE MAIO: 15:40h ESCULQUEIRA
9 DE MAIO: 16:50h CHAGUAZOSO
30-Abril-2024 14:05
Cultura
Nos vindeiros días terá lugar a activación da rede móbil de nova xeración 4G e 5G no Concello.
Se algún veciño detectara problemas na visualización dos canles da TDT poden porse en contacto cos Técnicos ó longo dos vindeiros 6 meses a través de:
e-mail: ayuda@llega700.es
Teléfono: 900 833 999
25-Abril-2024 13:11
Información Xeral
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) convoca a todas as persoas emprendedoras que están ou desexan iniciar un negocio no medio rural de Galicia a participar no Obradoiro de Emprendemento Cooperativo no Medio Rural que se desenvolverá ao longo de cinco xornadas (martes pola mañá), comezando o día 7 de maio (martes) e rematando o 4 de xuño (martes) mediante videoconferencia. Nestas cinco xornadas, trataranse de abordar en detalle aspectos como a adaptación a un traballo no rural, como validar as ideas de negocio no rural, os aspectos claves para emprender en cooperativas e as axudas ás que se pode aceder, como realizar unha análise de viabilidade do proxecto para rematar avaliando as novas oportunidades de negocio que se están a poñer en marcha no medio rural de Galicia.
O Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA desexa ofrecer ás persoas que van a emprender unha actividade agrícola, gandeira ou florestal uns coñecementos e unha información básica para que procedan a dar os pasos económicos, produtivos e organizativos coa maior seguridade posible. É necesario facilitar o emprendemento coa finalidade de que os proxectos se consoliden e teñan éxito.
Por tanto, no marco das axudas da Rede Eusumo, convócase este Obradoiro para tratar de informar, posibilitar, asesorar e orientar ás persoas con interese en emprender no rural. Neste Obradoiro interveñen os técnicos de AGACA que habitualmente acompañan aos proxectos emprendedores, e que comparten cos mesmos os coñecementos que teñen dos mercados e as súas tendencias, as axudas públicas, os aspectos organizativos claves, etc…
Para poder asistir e participar GRATUITAMENTE no Obradoiro de Emprendemento Cooperativo no Medio Rural é preciso inscribirse previamente no seguinte enlace
https://us06web.zoom.us/meeting/register/tZ0tfuihrDoiGt2LzQrqdYFtY6Y8ewmF9gZX#/registration
AGACA
CONTACTO:
TELÉFONO. 988242481
agaca@agaca.coop
22-Abril-2024 13:51
Información Xeral
Concesión de axudas económicas destinadas a persoas coidadoras dentro do PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR para o exercicio 2024.
Infórmate nas oficinas do Concello no departamento de Servizos Sociais.
19-Abril-2024 14:11
Información Xeral
Entre os días 22 e 29 de abril (ambos inclusive), en horario de 9 da maña as 14:00 horas están para a consulta do CENSO ELECTORAL as listas correspondentes ás Eleccións ao Parlamento Europeo.
19-Abril-2024 13:49
Información Xeral
SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA REHALUGA
O PRAZO REMATA O DIA 4 DE NOVEMBRO DE 2024.
AS PERSOAS INTERESADAS PODERÁN INFORMARSE NAS OFICINAS DO CONCELLO. en horario de 9 da maña as 14:30H
17-Abril-2024 12:24
Información Xeral
Os bonos activa comercio son para todas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que compren bens a través dos bonos Activa Comercio nos establecementos adheridos a dito plan.
para a soliciude e obtención do bono, hai que darse de alta na web htpps//www.bonosactivacomercio.gal.
Poderase solicitar a partir do día 26 de abril.
17-Abril-2024 12:22
Información Xeral
A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.
Baixo o lema O teu mellor verán, a Campaña de Verán de 2024 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:
• Campamentos en Galicia.
Publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia o 16 de abril (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240416/AnuncioG0657-040424-0004_es.html) Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, desde o 17 ao 30 de abril.
• Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
• Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
• Programa “Conecta con Galicia” para a mocidade galega do exterior.
• Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
• Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades e grupos de persoas mozas non asociadas.
• Actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos (novo)
En aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a interacción e a convivencia entre toda a mocidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos para persoas con discapacidade.
Para mais información: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
17-Abril-2024 09:59
lnformación Xuvenil
PUBLICADO NO BOP Nº 67 DO 5 DE ABRIL DO 2024 O ANUNCIO DE CONVOCATORIA DA SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL PARA 1 AUXILIAR AXUDA A DOMILICIO, DENDE O LUNS DÍA 8 ATA O MERCORES DÍA 10, ESTARÁ ABERTO O PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
LÉMBRASE QUE É PRECISO PRESENTAR VIDA LABORAL, CONTRATOS, ETC....
05-Abril-2024 14:22
Emprego
CONVOCASE UNHA PRAZA DE AUXILIAR AXUDA NO FOGAR.
O PRAZO DE PRESENTACIÓN NO PROCESO SERÁ DE 3 DÍAS HÁBILES CONTADOS A PARTIR DO DÍA SEGUINTE Á PUBLICACIÓN NO BOP.
04-Abril-2024 11:05
Información Xeral
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, convídavos os venres do mes de abril ás 12.30 horas a través da aula virtual de consumo unhas charlas abertaa sobre varios temas de interese.
O PRÓXIMO VENRES DÍA 5 DE ABRIL ÁS 12,30 HORAS : HIPOTECAS
Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa, centro ou entidade que desexe participar unicamente ten que comunicalo a este correo electrónico e acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma. (Igual vos pide a modo informativo un usuario e correo electrónico)
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo
Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 093- 881 999 075
03-Abril-2024 13:33
Información Xeral
Axencia Instituto Enerxético de Galicia publicou resolución polo que se establecen as bases reguladoras para proxectos de enerxía solar fotovoltaica.
Beneficiarios destas Axudas: Empresas legalmente constituidas e Autónomos.
Prazo das axudas o 19 de abril de 2024.
Infórmate nas oficinas do Concello ou no teléfono 988425541
02-Abril-2024 13:06
Información Xeral
Por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo, publicaron axudas para a Mellora da Accesibilidade nas Vivendas.
O prazo remata o 22 de abril.
Infórmate nas oficinas do Concello ou chama ao 988425541
02-Abril-2024 11:19
Información Xeral
O Venres 19 de abril de 11,00 a 14,00 horas estará na Praza do Concello a Unidade Móbil de doazón de sangue
02-Abril-2024 10:27
Información Xeral
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, convídavos este venres 22 de marzo ás 12.30 horas a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre AS VIAXES
Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa, centro ou entidade que desexe participar unicamente ten que comunicalo a este correo electrónico e acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma. (Igual vos pide a modo informativo un usuario e correo electrónico)
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo
Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 093- 881 999 075
20-Marzo-2024 14:30
Información Xeral
CONVÓCASE UN MINUTO DE SILENCIO MAÑÁ DÍA 21/03/2024 ÁS 12,00 HORAS DIANTE DO CONCELLO DA MEZQUITA PARA AMOSAR O NOSO REXEITAMENTO Á VIOLENCIA DE XÉNERO
20-Marzo-2024 12:43
Información Xeral
Inícianse as obras de 𝗺𝗲𝗹𝗹𝗼𝗿𝗮 𝗱𝗮 𝗣𝗿𝗮𝘇𝗮 𝗱𝗲 𝗦𝗮𝗻𝘁𝗶𝗴𝗼𝘀𝗼 e das súas calles anexas, unha intervención pola que tanto os veciños deste pobo como o propio concello levamos tempo esperando. A intervención permitirá remodelar por completo a rúa San Roque en dúas fases. Para elo, levarase a cabo a 𝙙𝙚𝙢𝙤𝙡𝙞𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙚 𝙥𝙞𝙘𝙖𝙙𝙤 𝙙𝙤 𝙛𝙞𝙧𝙢𝙚 𝙖𝙘𝙩𝙪𝙖𝙡, 𝙖 𝙘𝙤𝙡𝙤𝙘𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙚 𝙖𝙙𝙤𝙦𝙪𝙞́𝙣 𝙙𝙚 𝙜𝙧𝙖𝙣𝙞𝙩𝙤 𝙢𝙤𝙧𝙚𝙣𝙤, 𝙤 𝙧𝙚𝙘𝙧𝙚𝙘𝙞𝙙𝙤 𝙙𝙤𝙨 𝙥𝙤𝙯𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝙧𝙚𝙭𝙞𝙨𝙩𝙧𝙤 𝙚𝙭𝙞𝙨𝙩𝙚𝙣𝙩𝙚𝙨 𝙚 𝙖 𝙚𝙭𝙚𝙘𝙪𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙙𝙤 𝙛𝙞𝙧𝙢𝙚 𝙙𝙚 𝙛𝙤𝙧𝙢𝙞𝙜𝙤́𝙣 𝙘𝙪𝙣 𝙚𝙨𝙥𝙚𝙨𝙤𝙧 𝙙𝙚 𝟭𝟱 𝙘𝙚𝙣𝙩𝙞́𝙢𝙚𝙩𝙧𝙤𝙨. Unha remodelación moito máis acorde ó entorno no que se encontra esta rúa. Para elo, contarase co financiamento do programa “Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024”.
A segunda das fases levarase a cabo a través do Plan CooperOU 2024, 𝐮𝐧 𝐩𝐥𝐚𝐧 𝐮́𝐧𝐢𝐜𝐨 𝐞𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐝𝐨 𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐫 𝐝𝐚 𝐢𝐧𝐬𝐢𝐬𝐭𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚 𝐁𝐍𝐆 𝐞 𝐝𝐨 𝐏𝐒𝐎𝐄 𝐪𝐮𝐞 𝐫𝐞𝐱𝐞 𝐚 𝐨𝐮𝐭𝐫𝐚𝐬 𝐝𝐞𝐩𝐮𝐭𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐞 𝐪𝐮𝐞 𝐠𝐚𝐫𝐚𝐧𝐭𝐞 𝐮𝐧 𝐫𝐞𝐩𝐚𝐫𝐭𝐨 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐞𝐪𝐮𝐢𝐭𝐚𝐭𝐢𝐯𝐨 𝐝𝐨𝐬 𝐟𝐨𝐧𝐝𝐨𝐬, con criterios obxectivos, garantindo que os cartos cheguen a tódolos municipios da provincia ourensá
19-Marzo-2024 13:12
Información Xeral
No DOG de hoxe, 14/03/2024, ven de publicarse a convocatoria dos CURSOS DESCENTRALIZADOS DE 2º NIVEL para o persoal das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.
Estes cursos están dirixidos os voluntarios/as que teñan superado o curso básico de protección civil e que estean como voluntario/a en activo na correspondente AVPC.
Esta oferta inclúe dúas modalidades formativas. CURSOS SEMIPRESENCIAIS. Onde a parte teórica se imparte on line na plataforma da AGASP e a práctica se concentra nunha xornada formativa nun concello da provincia de Ourense. Esto favorece a flexibilidade horaria na formación do voluntario.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:
O prazo é de 10 días naturais a partir do día seguinte desta publicación (do 15 o 24 de marzo.)
SOLICITUDES:
O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da AGASP (https://agasp.xunta.gal/gl); non se admitirá ningún outro tipo de solicitude.
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidades de máis información, poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 37, 886 20 61 38 e 886 20 61 11 ou do enderezo de correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal
LIGAZÓNS CONVOCATORIAS:
CURSOS FORMACIÓN DESCENTRALIZADA DE 2º NIVEL:
Adxunto a Resolución da convocatoria.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240314/AnuncioO3C2-080324-0001_gl.pdf
14-Marzo-2024 11:59
Protección Civil
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, convídavos este 15 de marzo aos VENRES DE CONSUMO RESPONDE con motivo da conmemoración do Día mundial dos dereitos das persoas consumidoras.
Polo que este venres 15 de marzo ás 12.30 horas celebrarase a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre os nosos dereitos como persoas consumidoras relacionados co CONSUMO RESPONSABLE.
Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa, centro ou entidade que desexe participar unicamente ten que comunicalo a este correo electrónico e acceder este venres ás 12.30 na nosa web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC:
https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma. (Igual vos pide a modo informativo un usuario e correo electrónico)
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo
Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 093- 881 999 075
14-Marzo-2024 11:42
Información Xeral
PLAN EDUCATIVO SEPE 2024
CURSOS GRATUÍTOS PARA AUTÓNOMOS E DESEMPREGADOS
Para poder formalizar a matrícula é necesario enviar a seguinte documentación:
- ANEXO I. SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN. Deberá achegar a ficha adxunta cumprimentada e asinada.
- FOTOCOPIA DNI.
- NÚMERO DA SEGURIDADE SOCIAL OU DOCUMENTO ACREDITATIVO.
- Para TRABALLADOR/A POR CONTA ALLEA: O ENCABEZADO DA ÚLTIMA NÓMINA E VIDA LABORAL ACTUALIZADA.- Para AUTÓNOMO/A: copia do ÚLTIMO RECIBO DE AUTÓNOMO e VIDA LABORAL ACTUALIZADA
- Para DESEMPREGADO/A: documento que acredite que se atopa en situación de DESEMPREGO.
Deberase enviar a documentación escaneada por email a este correo electrónico: cursos.formacion7@adehon.es
*IMPORTANTE: O nº de prazas é limitada, e o proceso de matriculación irá por orden de inscripción, polo que, se dará prioridade á persoa
que envíe a documentación o antes posible.
08-Marzo-2024 11:05
Formación
